Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
Manifesto linguas galega, catalá e eúscaro

Os sindicatos de traballadoras e traballadores do ensino de Catalunya (USTEC-STES IAC), das Illas Balears (STEI-i), do País Valencià (STEPV-Iv), de Galiza (STEG) e de Euskal Herria (STEE-EILAS) maniféstanse a prol de continuaren a tarefa de normalización lingüística, iniciada xa desde o final da ditadura, co fin de modificar unha situación de inxusta discriminación das súas respectivas linguas.

Esta normalización non só debe remontar séculos de illamento, desprestixio e prohibición, senón tamén mesmo a situación xurídica actual, claramente desigual: mentres que da oficialidade do castelán se deriva un deber constitucional de coñecelo que se aplica a toda a cidadanía, da oficialidade das nosas linguas non se deduciu un deber semellante, o que repercute nunha evidente discriminación xurídica e nunha grave desvantaxe para a xeneralización do seu coñecemento e uso.

A igualdade de tratamento para a cultura que é expresión da lingua que a sustenta e, polo tanto, para os pobos que a representan, en pé de igualdade cos outros pobos e culturas do Estado, de Europa e do mundo, é un dereito humano, lingüístico e político incuestionables que se debe garantir mediante a tarefa xa encetada a prol da normalización.

Os respectivos procesos de recuperación lingüística iniciados débense de orientar, como finalidade última, a restablecer os usos normais e históricos que tiveron a lingua catalá, galega e basca no seo das súas sociedades até que, por razón da forza, se impuxo o castelán como única lingua oficial do Estado.

É, por tanto, obvio que, para alén dos dereitos lingüísticos individuais preservados polas leis, as persoas que falan catalán, galego ou basco deben poder exercer o seu dereito a se expresaren e seren atendidas na súa propia lingua en todos e cada un dos espazos públicos dos territorios onde estas son propias. Se non se asegura un coñecemento xeral do galego, basco ou catalán (ben desde as administracións públicas e o seu persoal, ben desde os medios de comunicación estatais e, en xeral, desde todo os ámbitos da vida pública), é imposible que a cidadanía galegofalante, catalanofalante ou euskalduna poida vivir no seu idioma nos territorios onde é lingua propia, tal e como si que o poden facer os castelanfalantes, e non unicamente onde o castelán é lingua propia, senón tamén en calquera parte do estado español.

O devandito exercicio de uso pleno das nosas linguas non causa prexuízo ningún ao castelán, lingua que ten un espazo propio plenamente normalizado e que conta con máis de 400 millóns de falantes, así como coa axuda daqueles estados nos cales é lingua oficial, coa correspondente extensión de uso nas instancias políticas internacionais.

Así pois, ante o monolingüísmo español que enxalzan algúns grupos de presión, ou mesmo perante as actuacións que algúns gobernos impulsan contra o catalán, o galego e o basco, os sindicatos abaixo asinantes dan un especial apoio aos programas educativos que teñen como finalidade que o alumnado alcance unha boa competencia comunicativa na lingua propia dos seus países e que os prepara para un mundo multilingüe, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar, pois estas son as funcións da escola: asegurar a competencia lingüística, contribuír á desaparición das desigualdades e educar no respecto cara ás linguas propias.

Para conseguirmos este obxectivo fai falta desenvolver as planificacións lingüísticas que se revelaron, naquelas partes do mundo onde conviven sociedades plurilingües, como as máis axeitadas, e que pasan, necesariamente, pola utilización vehicular da lingua propia, o cal non só non vai contra a liberdade lingüística de ninguén, senón que contribúe a garantir precisamente esa liberdade lingüística a partir do seu coñecemento, da súa valoración e do seu uso social.

As organizacións sindicais abaixo asinantes comprométense a estreitar e afondar neste traballo conxunto, tanto nos seus territorios como no estado español e en Europa, para conseguir a normalización do galego, catalán e basco. Neste sentido, impulsarán a súa participación nas redes e plataformas de apoio ás linguas nacionais, dotaranse de espazos de intervención conxunta e reuniranse con unha periodicidade anual para intercambiaren información así como para acordaren estratexias partilladas co fin de conseguiren os seus obxectivos.

 

València, febreiro de 2010

Documento en pdf para imprimir

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal