Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
Consolidación da política de recortes
O ORZAMENTO DA CONSELLARÍA PARA O ANO 2014 CONSOLIDA A SÚA POLÍTICA DE RECORTES

Os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2014 ben poderían definirse como continuistas, con toda a gravidade que isto supón. Logo dos abultados recortes realizados durante os últimos anos, a redución dun 1% respecto aos orzamentos do 2013 non só vén consolidar unha política que se nos vendeu inicialmente como de “esforzos temporais”, senon que agrava aínda máis a situación, xa fortemente deteriorada, no ámbito educativo.

O efecto acumulado da xestión do conselleiro Jesús Vázquez deixa unha redución na educación do 14,49 % desde o ano que se estreou no cargo, o 2009, redución que afecta, principalmente, ás políticas de equidade.

Así, con estes orzamentos para o 2014, consolídase a brutal redución ás corporacións municipais para a prevención do abandono escolar temperá, dun 70% respecto ao 2013; consolídase a redución do 23% nas bolsas ao alumnado universitario desde que comezou a crise; consolídase a contía destinada a reparacións e melloras nos centros públicos de secundaria, reducida nun 78% respecto ao 2009, e redúcese aínda máis, nun 34% respecto ao 2013, os cartos para as reparacións, ampliacións e melloras dos centros de Primaria, que xa ascendía a -50% na comparativa 13-09.

Por se estes datos non abondan para exemplificar as graves consecuencias que ten o feito de consolidar os recortes realizados ata agora, aínda hai outros que empeoran o panorama. Así, con estes orzamentos desaparecen prácticamente as axudas ao alumnado para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, que cunha redución respecto ao ano pasado do 49,8%, sitúase no 11% do orzamentado coa mesma finalidade no 2011. Redúcense igualmente as axudas para as prácticas de formación en empresas nun 17% respecto ao ano anterior, acumulando un saldo negativo do 50% respecto ao 2011; liquídase prácticamente a formación do profesorado: se no ano 2013 desde o STEG deunciabamos un recorte do 41% nesta partida desde que goberna o PP, este ano aplícanlle de novo as tesouras, reducindo un 30% respecto ao 2013. Se o tipo de educación que se quere ofrecer ao alumnado debe configurar o tipo de formación que se ofrece ao profesorado, as conclusións as que nos leva este dato non poden ser máis pesimistas. Igualmente desolador é a desaparición do programa de fomento da lectura, así como o despropósito na xestión das axudas a libros de texto e material escolar. No ano 2014 achegarase ás familias galegas, tan castigadas pola crise e a xestión económica dos gobernos da Xunta e central, un 25% menos en axudas para este concepto, aínda que o goberno tentará distraer sobre esta realidade falando das axudas para libros de texto electrónicos (de non ter en conta esta partida, a redución aínda sería maior, do 37%). Desde o STEG consideramos que a xestión desta partida é o exemplo máis claro da política da consellaría, que xa reducira as axudas para a adquisición de libros de texto, o ano pasado, noutro 15,5%: menos alumnado beneficiado no ano 2013, cun custe superior ao do ano 2009. O feito de que lonxe de rectificar, desde a consellaría opten por recortar aínda máis as subvencións para o 2014, é un exercicio de soberbia política que pagarán todas as familias do país do seu peto.

Por se non abondara cos recortes realizados nos últimos anos á nosa lingua, nos orzamentos do 2014 recórtase outro 5%, nunha clara vontade de reducir o labor de normalización lingüística ao meramente testemuñal.

E entre tanto recorte mantéñense os concertos educativos e o profesorado de relixión prácticamente intactos fronte aos abultados recortes que se están a sufrir no ensino público...

Secretariado Nacional do STEG
decembro do 2013
Pdf co documento
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal