Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
A Xunta demora o pagamento da 1ª partida dos “gastos xerais de funcionamento dos centros”
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia está a demorar o pagamento da primeira partida orzamentaria dos “Gastos xerais de funcionamento do centro” que polo de agora adoitábase pagar no mes de febreiro.
No concepto “Gastos xerais de funcionamento do centro”, cómpre salientar, están recollidos gastos correntes de funcionamento do centro, como as partidas orzamentarias dedicadas á calefacción, ao pagamento das facturas de teléfono e de correos, as obras menores e, tamén, as partidas destinadas aos departamentos didácticos, imprescindibles para o seu bo funcionamento.

Este concepto orzamentario, ademais, adoitábase fraccionar en tres partidas: dúas do 40% do total cada unha e unha terceira do 20% do total, polo que só os centros cunha grande capacidade de aforro e previsión poden ter a estas alturas de curso un remanente co que facer agora mesmo (no mes de marzo) fronte a eses gastos necesarios e imprescindibles para o funcionamento do centro, polo que ás direccións só lles quedan dúas opcións: primeira, esperar que os proveedores, por exemplo de combustible ou material de oficina, lles anticipen o material por adiantado; e, segunda, manter o consumo do centro ao mínimo, reducindo tamén a calidade do ensino.

Dende o STEG denunciamos esta inadmisible práctica política que ten como único obxectivos degradar a calidade do ensino público e instamos á Consellería a que habilite as partidas orzamentarias necesarias de inmediato.

 

Documento en pdf para imprimir
Denuncia presentada no rexistro da Consellería


Secretariado Nacional do STEG
Marzo 2010

 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal