Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
Unha sanción autoritaria e inxusta por parte da Consellería
UNHA SANCIÓN AUTORITARIA E INXUSTA DUNHA CONSELLERÍA QUE PERDEU TODO O CRETO QUE LLE QUEDABA DIANTE DO PROFESORADO GALEGO

Hoxe luns, 16 de decembro de 2013, transcendeu a nova da sanción efectiva que desde a Consellería de Cultura, Educación e O.U. se lle impuxo ao director do IES Illa de Arousa, despois da apertura contra el, no principio do curso, dun expediente contraditorio.

Alfonso Malvido, a pesar do xustificado da súa actuación e a pesar do respaldo e apoio recibidos de xeito continuo e masivo polo profesorado de toda Galiza e pola comunidade educativa do seu centro, acaba de ser condenado ao cesamento do seu cargo a partir de 31 de decembro, con tres anos de incapacitación para candidatarse novamente ao posto de director.

O STEG condena e rexeita rotundamente esta decisión da Consellería, por considerala arbitraria, inxusta e fundada en motivos espúreos e porque responde de maneira moi clara, en derradeira instancia, ao desexo autoritarista e antidemocrático de amedrentar aos equipos directivos e, por extensión, a todo o profesorado que fan do desempeño do seu cargo un exercicio de compromiso continuo coas necesidades e aspiracións da comunidade educativa á que serven.

Descargar sobre un director as responsabilidades que competen á Administración á hora de dotar en tempo e forma o plantel do profesorado e elaborar os horarios para a boa posta en marcha do curso é un exercicio de malabarismo político-administrativo que non é de recibo. Un curso non pode comezar con normalidade nun centro educativo cando un día hábil antes do inicio das clases non se ten confirmación nin constancia oficial da totalidade do plantel de profesorado que corresponde e do que se dispón efectivamente.

Os responsábeis políticos da Consellería que resolven desta maneira un expediente que nunca debera ter sido aberto son os mesmos, tan legalistas eles, que non dubidan en levar meses incumprindo deliberadamente senllas sentenzas do TSXG sobre convenios cos centros que segregan por xénero e sobre o decreto de malchamado plurilingüismo. Son os que, con recortes de todo tipo, repagamentos e privatizacións, están a privar á sociedade do dereito a unha educación pública de calidade, gratuíta e garante da igualdade de oportunidades.

O STEG esixe da Consellería de Educación a retirada inmediata da sanción imposta ao director do IES da Illa de Arousa e respaldará con todas as súas forzas as accións que desde a comunidade educativa se fagan no inmediato futuro para conseguir ese obxectivo.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
Galiza, 16 de decembro de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal