Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
A Consellería desmantela o rural galego

Son varias as razóns polas cales o STEG amósase en contra da medida de eliminar arredor de 18 comedores escolares nas provincias de Lugo e Ourense, debido a cuestións meramente economicistas pola “escaseza de alumnado”; de entre todas elas hai dúas especialmente relevantes:

A primeira é a perda de servizos no ámbito rural: cada vez é menos atractivo vivir no rural debido a que os servizos van diminuíndo, porque a lóxica de rendibilidade económica, que non social, está a facer que non haxa unha boa estrutura sanitaria, viaria, educativa, de telecomunicacións (ten todo o mundo do rural acceso a internet? onde está a internet de banda ancha no rural?) de calidade.
Entendemos que a “rendibilidade económica” non é o único argumento para pechar servizos, existe unha “rendibilidade social” que non ten nada que ver coa anterior e que, en moitos casos, é deficitaria economicamente pero rendible socialmente.

A segunda é a perda de dereitos do alumnado afectado: partindo da base de que todo o alumnado que sexa beneficiario do transporte escolar ten dereito ao servizo de comedor gratuíto (Decreto 10/2007), a partir de agora que vai facer a Consellería? Non pode conculcar dito dereito! Pode dicir que non o vai conculcar posto que lles van dar servizo de comedor; acaso está pensando en poñer un servizo externalizado do comedor? O STEG entende que, se é así, a calidade vaise resentir, xa que nos preguntamos como será un servizo de comida privado por 3 euros ao día? Evidentemente moito peor que o servizo que se está a dar ata de agora, que é bo en liñas xerais. Alén diso, que empresa estará disposta a ofertar este servizo en certos centros da montaña? Ou é que pensan desprazar a este alumnado a outro centro e ter nenas e nenos de 3 ou 4 anos viaxando varias horas diarias por estradas intransitables?

Está claro que esta é unha medida máis para seguir desmantelando e diminuíndo a calidade dos servizos do rural; non será unha medida que axude a pechar centros que non son “rendibles” economicamente?

A perda de servizos e, a máis que posible, baixada da calidade, son dous argumentos de peso para que o STEG rexeite de plano a intención desta consellería de pechar estes comedores.

Secretariado Nacional do STEG
Abril 2010

Arquivo en pdf para imprimir

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal