Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
O STEG denuncia a discriminación do galego, ao respecto da outra lingua cooficial, nas probas das oposicións

Seguindo coa súa política desnormalizadora e involucionista con respecto á lingua galega, a Consellería de Educación e O.U. agasállanos cunha nova medida discriminatoria, ademais de non cumprir cos seus compromisos verbais coas organizacións sindicais na mesa sectorial.

Cando se negociaron as ordes das convocatorias de procedementos selectivos de ingreso ao corpo de mestres e aos corpos de ensino secundario, música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional, o STEG solicitou, na mesa sectorial de educación do día 25 de febreiro do 2010, que se esixira na proba de coñecemento do galego, cando menos, o mesmo dominio que se esixe para a do castelán, isto é, que a proba de coñecemento do galego sirva para comprobar a posesión dun nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita e non, como din finalmente as ordes, só a nivel escrito para o galego e oral e escrito para o castelán.

O STEG preguntou na mesa sectorial a qué era debida esta discriminación entre unha lingua e outra. A resposta do Subdirector Xeral de Centros e Recursos Humanos foi que aceptaba a proposta do STEG dicindo que “ían ter o mesmo tratamento”.

Isto foi o que se nos dixo, e o que queda escrito na acta da mesa, pero non o que está reflectido nos DOGs do 25 de marzo e do 5 de abril, onde o tratamento que se da á acreditación do coñecemento das dúas linguas é diferente e discriminatorio para a lingua galega.

O STEG solicitou que se faga unha corrección de erros das dúas ordes para que se cumpra o que foi aceptado na mesa de negociación.

Secretariado Nacional do STEG
Abril 2010

Arquivo en pdf para imprimir

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal