Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
O STEG reclama que, unha vez pasados os dous anos de suspenso, se aplique a normativa.
Na Orde do 28 de xuño de 2012 (DOG do 29/06/12) a Consellaría de C e EU, escudándose na situación económica, tomou unha medidada extraordinaria e urxente, consistente en que o persoal substituto docente que prestase polo menos cinco meses e medio de servizos no curso académico 2011-2012 ou 2012-2013 non terían dereito a que se realizase un nomeamento polo mes de xullo e polos días de agosto que procedesen, unha vez deducidos os aboados por vacacións non gozadas.

No texto falábase de “suspender durante dous anos a aplicación” do punto que regulaba o parágrafo anterior.

Pois ben, o STEG dirixiouse á Consellaría para que corroborase que se cobraría o disposto no punto 18º da resolución do 31 de xullo de 2013 o vindeiro verán, posto que xa pasaron os dous anos de suspenso, ao que se lle respostou, de palabra, que non ían pagar o que, como dereito, lle correspónde ao profesorado substituto.

Falan de recuperación pero seguimos cos recortes e, unha vez máis, coa parte máis feble do profesorado, ao que non se lle para de pedir que siga facendo esforzos para axudar a saír da crise. Algún día sairemos; o problema será onde estaremos nese momento?

O STEG vai solicitar á dirección xeral de centros e recursos humanos que se aplique a normativa unha vez pasados os dous anos de suspenso.

Secretariado Nacional do STEG
Xaneiro de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal