Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
Denuncia do STEG

A CONSELLARÍA IMPÓN PRAZAS CON PERFIL DE INGLÉS QUE OS CENTROS NON DEMANDAN

Esta decisión da administración educativa galega ten graves consecuencias laborais e pedagóxicas.
Un estudo do STEG comproba que a Consellaría publicou vacantes con perfil lingüístico non demandadas polos centros educativos. Entre elas destacamos as seguintes:

 

Nome do centro

Localidade

Prazas de primaria (38)

Provincia

 
 
 

Inglés

Sen inglés

 
 

CEIP Plurilingüe San Marcos

Abegondo

1

1

A Coruña

Solicitan só unha porque lles é suficiente. Non tiñan esa praza anteriormente con perfil lingüístico

CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal

Oleiros

1

1

A Coruña

Existía xa esa praza con perfil lingüístico

CEIP Plurilingüe de Andrade

Pontedeume

1

0

A Coruña

Esa praza estivo cuberta varios anos con provisionais con perfil lingüístico. Este é o 1º ano que a cubren definitivamente con perfil lingüístico

CEIP Plurilingüe Santa Rita

Viveiro

1

0

Lugo

O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

Carballiño

1

0

Ourense

O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría

CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro

Barbadás

2

0

Ourense

O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría

CEIP Plurilingüe Irmáns Villar

Ourense

1

0

Ourense

O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría

CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Ourense

1

0

Ourense

Pediron a praza con perfil lingüísitco

CEIP Plurilingüe de Seixalbo

Ourense

1

0

Ourense

O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría

CPI Plurilingüe Tomás de Lemos

Ribadavia

1

0

Ourense

O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría

CEIP Plurilingüe dos Blancos

Os blancos

1

0

Ourense

O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría

CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo

Cangas

1

0

Pontevedra

Este ano é plurilingüe por 1ª vez e solicitaron a praza con perfil lingüístico

 

Que problemas provoca esta práctica da Consellaría?:

1.   Desde o punto de vista laboral: pervértese o Concurso Xeral de Traslados do profesorado galego xa que a estas prazas só poderá optar o profesorado que teñan a titulación de lingua extranxeira B2. Esta situación vai provocar que profesorado con moi poucos anos de experiencia adquira o dereito a estas prazas fronte a outro profesorado con moitos máis anos de labor docente e que ata agora tiña preferencia no acceso a esas prazas.
Resulta máis rexeitable se consideramos que despois do acceso a estas prazas só existe a obriga a mantelas na lingua estranxeira durante dous cursos. Xa que logo, convértese nunha forma de acceso a vacantes que antes se concedían exclusivamante por antigüidade e que agora se poden conseguir, para a toda a vida, a cambio de impartila dous cursos en inglés.
O STEG foi o único sindicato que denunciou esta situación introducida na mesa sectorial do 27/11/2008 e posteriores.


2.  Desde o punto de vista pedagóxico: o STEG sempre dubidou das bondades deste sistema de aprendizaxe de linguas estranxeiras por varios motivos:
- A titulación esixida para impartir na lingua estranxeira é insuficiente para o obxectivo perseguido.
- A competencia lingüística do alumnado provoca unha deficiente adquisición do currículo da materia impartida na lingua estranxeira.
- Desde o STEG demandamos como sempre un plan integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras que reforce a competencia do noso alumnado.

O STEG esixe da Consellaría a corrección do perfil lingüístico destas vacantes e o cambio na forma de cubrir as que teñan perfil lingüístico, que non debe ser a través do CXT.


Permanente do SN do STEG
11 de febreiro de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal