Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
Posición do STEG
POSICIÓN DO STEG SOBRE O CONCURSO XERAL DE TRASLADOS

O cambio na baremación do CXT introducido neste curso 2013/14 pola Consellería, en aplicación dunha sentenza europea que recoñece o tempo traballado a todo o funcionariado, sexa de carreira, en prácticas ou interino, está a provocar un preocupante nivel de polémica e desencontro entre o colectivo do profesorado galego.

A respecto desta polémica cuestión, o STEG quere manifestar que:

1. A nova baremación no CXT é unha decisión unilateral da Consellaría de Cultura, Educación e O.U., que só se aplica ademais para o funcionariado docente do ámbito da Comunidade Autónoma galega: non ten que ver con ningún acordo sindical previo nin recente.

2. As bases que rexen o CXT emanan dun Real Decreto ao que o STEG sempre se opuxo, como o fixo, así mesmo, a todas e cada unha das Ordes que se foron desenvolvendo, curso tras curso, derivadas do mesmo. Se a administración educativa tivese atendido os razoamentos e demandas históricas do STEG a respecto das condicións laborais e do recoñecemento de méritos en igualdade para todo o profesorado, hoxe non estariamos metidos neste problema.

3. Multitude de aspectos incluídos nesa baremación, e non só os relativos ao apartado 1.2., merecen crítica: Por que ten tanta valoración, en xeral, o exercicio de cargos directivos (punto 4.1.)? Por que non se puntúa, porén, o exercicio de cargo directivo en centros de menos de tres unidades? Por que se puntúa o exercicio de función titorial como funcionario de carreira só desde a entrada en vigor da LOE (punto 4.3.)? Por que non se puntúa ter feito parte antes de 2007 de tribunais de oposición (punto 6.5.)? Por que se puntúan as titorías de prácticas en máster e graos e non en licenciaturas e diplomaturas? Etc, etc.

4. O STEG rexeita o xeito de proceder da Consellaría. Mentres por unha banda recorta e precariza as condicións xerais de traballo no ensino, por outra, cando ten que xestionar un recoñecemento laboral obrigada por unha sentenza xudicial, faino de maneira que crea un ríspeto conflito de intereses entre sectores do profesorado.

5. O STEG comprende os trastornos que o proceder da Consellaría e a aplicación da nova baremación provoca nos lexítimos intereses e aspiracións individuais dun segmento do profesorado, que se ve perxudicado de maneira inesperada e sobrevida.

6. O STEG reivindica unhas condicións de traballo dignas e iguais para todas as persoas funcionarias, independentemente da situación administrativa na que se encontren, e entende que deben ter recoñecemento como méritos no CXT os servizos prestados laboralmente pola persoa traballadora, se se dá o caso, con anterioridade a superar a oposición.

7. O STEG sempre defendeu e seguirá a defender un sistema de acceso diferenciado á función pública docente, un corpo único de docentes e as mesmas condicións de traballo, salario e recoñecemento para todas as traballadoras e traballadores docentes, sexan interinas, en prácticas ou funcionarias de carreira.

8. Desde STEG facemos un chamamento ao profesorado galego no seu conxunto para que evite caer en dinámicas de loita fratricida, para que non alente estratificacións corporativistas e para que non deixe de identificar con claridade en todo momento cales son os grupos de poder e cales as decisións que verdadeiramente atacan o ensino público, recortan os noso dereitos e deterioran as nosas condicións laborais.

Secretariado Nacional do STEG
febreiro de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal