Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
SAÚDE LABORAL
Día mundial da Saúde Laboral
28 de Abril: Día Internacional da Saúde no Traballo

Nun día tan sinalado aproveitamos para facer un balance da actual situación sobre a Seguridade e a Saúde Laboral nos nosos centros de traballo. As traballadoras e os traballadores expresamos o noso cansazo, insatisfacción e indignación:

  • pola falta de sensibilización permanentemente amosada polos empresarios e a Administración para desenvolver os contidos da Lei 31/95 en materia de Prevención de Riscos Laborais e vixilancia da Saúde.
  • pola case nula vontade de investimento económico, humano e material para mellorar instalacións e condicións de traballo.
    v pola morna intervención da Administración para facer cumprir a lexislación e dar un salto cualitativo nun tema tan importante.

Os riscos laborais no ensino non soen ser noticia de primeira páxina ó non medirse en mortos, pero existir, existen. Trátase sobre todo de enfermidades xeneradas polo traballo, que se desenvolven de maneira lenta, e na meirande parte dos casos son tratadas como enfermidades comúns, correndo incluso os tratamentos de rehabilitación a costa das persoas afectadas. Esta situación foi comprobada pola Confederación de STEs este ano ó recoller grande número de sinaturas das e dos profesionais do ensino esixindo o recoñecemento das súas enfermidades profesionais.

Ante esta situación o STEG celebra o próximo recoñecemento dos nódulos nas cordas vocais como enfermidade profesional, pero demanda unha maior sensibilidade por parte da Administración e dos empresarios e esixe:

  • O recoñecemento das enfermidades profesionais existentes no sector, o estrés, as lesións musculoesqueléticas e os problemas de voz.
  • O nomeamento de persoas responsables de seguridade e saúde en tódolos centros docentes, dándolles a información e o tempo de dedicación necesarios.
  • Unha dotación suficiente e non unicamente para cubrir expediente dos Servizos de Prevención, e que estes sexan propios da Administración.
  • Un funcionamento real dos Comités de Seguridade e Saúde.
  • As avaliacións de riscos, que en moitos casos nin sequera se fixeron, non poden ser un papel máis para gardar no caixón. Hai que tomar medidas concretas para previr os riscos que se vaian detectando.
  • Que os investimentos que se realizan ó reformar ou construír centros de ensino contribúan a eliminar os riscos existentes e non xeneren outros novos.
  • Especial atención á crecente importancia dos riscos psicosociais no sector do ensino.
    Pero ademais, o sistema educativo ten unha grande responsabilidade no establecemento dunha auténtica cultura de prevención dos riscos laborais. Boa parte do persoal que traballará nun futuro máis ou menos próximo encontrase actualmente nos nosos centros, sendo a etapa vital máis axeitada para interiorizar os hábitos persoais de prevención.
    É por isto que instamos á Administración Educativa a que se involucre seriamente na cultura da prevención, tanto a través da Formación Profesional, como do currículo transversal da Educación Primaria e Secundario.

Co gallo da convocatoria de mobilizacións en torno ó día Internacional da Saúde Laboral, propomos ademais unha serie de actividades dirixidas expresamente ó noso sector do ensino:

  1. Celebración de asembleas ou reunións de claustros para tratar a situación da saúde laboral no sector e en xeral, coa participación de todas a traballadoras e todos os traballadores do centro.
  2. Levar o tema ás aulas e comentalo co alumnado.
  3. Facer concentracións na porta do centro.
  4. Igualmente, permitímonos aconsellarvos, tanto para estes días coma para o resto do curso, visitar as revistas ERGA FP e ERGA PRIMARIA TRANSVERSAL, do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, dispoñibles en Internet no enderezo www.mtas.es/insht/information/p_tecn.htm onde poderedes atopar actividades dabondo para traballar a prevención dende distintas áreas ou dende as propias titorías.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal