Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2013/2014
Coeducar en Igualdade

Denominación da actividade
: Xornadas: Coeducar en Igualdade.

Modalidade formativa: Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Xustificación da actividade: Entende a Asemblea de Mulleres do STEG, entidade organizadora das Xornadas, que o ámbito educativo ten unha importancia decisiva en materia de prevención dun fenómeno como o da violencia de xénero, que constitúe unha das lacras máis lacerantes da nosa sociedade.
Entende, así mesmo, que é necesario facilitarlle ao profesorado en activo e ás persoas que nun futuro máis ou menos inmediato van pasar a traballar nas aulas un espazo de encontro, de reflexión, de aprendizaxe e de debate sobre os criterios de intervención pedagóxica e social que poden ou deben ser adoptados para intervir desde o sistema educativo para a consecución dunha sociedade con igualdade real e respecto mutuo entre homes e mulleres.
O propio artigo 6.2. da Orde da Consellería de Cultura, Educación e O.U. do 14 de Maio de 2013 (DOG de 22 de maio de 2013), neste sentido, estabelece que as actividades de formación permanente do profesorado deberán, con carácter xeral, promover “a igualdade de mulleres e homes nos termos establecidos na Lei 7/2004, de 16 de xullo”.

Área
: Temas Transversais, Coeducación, Titoría, Mellora da Convivencia, Atención educativa á diversidade.

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Obxectivos da actividade:
 
1. Dotar de ferramentas para a análise do centro educativo dende a perspectiva de xénero.
2. Ofrecer pautas para a elaboración e desenvolvemento de proxectos coeducativos
3. Reflexionar sobre a influencia dos estereotipos e roles de xénero na construción da identidade.
4. Ofrecerlle ao profesorado ferramentas útiles para traballar na prevención da violencia de xénero, dando a coñecer as estratexias coeducativas como principal medida de prevención contra a desigualdade e a violencia de xénero.
Programa de contidos:
- Propostas para a análise de xénero do centro educativo.
- Ferramentas para o deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos coeducativos
- Marco contextual específico: a importancia do ámbito educativo en materia de violencia de xénero.
- Propostas para a intervención desde os centros educativos cara á prevención da violencia de xénero.
Datas de realización:
- Sábado 10 de maio de 10:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Centro Multiusos de Educación “López Mella”, Parque da Milagrosa, LUGO

Valoración das horas de formación: Un total de 8, das cales todas serán presenciais.

Número de prazas: Mínimo de 15 e máximo de 60 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Prazo ata o xoves día 6 de maio, ás 14:00 horas.

Procedemento de matriculación:
  • Cubrir os datos na folla de inscrición que figura no enlace desta mesma páxina web
  • Proceder a ingresar a cantidade que corresponda na conta:
ES12 2080 5500 4130 4011 5484

indicando no concepto "MATRÍCULA XORNADAS COEDUCACIÓN STEG"
Criterios de inscrición: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Coordinadora/or do curso: Mª Nieves Domínguez González, docente no IES de Quiroga (Lugo).

Relación nominal das persoas relatoras: Belén Regueiro Burgo, Lola Ferreiro Díaz, Amanda Díaz Pena.

Custo da matrícula:
- Afiliacion:  Gratuíta
- Persoas non afiliadas: 10 euros
- Persoas non afiliadas en paro: 5 euros
Desenvolvemento:
Farase conforme ao seguinte programa (provisorio)

10.00 -10.15: Recepción e entrega de materiais.
10.15 -12.00: Relatorio “Educar en Igualdade” e coloquio/debate posterior.
Relatora: Belén Regueiro Burgo.

[12. 00–12.15: Pausa para o café]

12.15 -14.15: Relatorio: “A educación afectivo-emocional dende a perspectiva de xénero” e coloquio/debate posterior.
Relatora: Lola Ferreiro Díaz

[14.15 – 16.00: Xantar]

16.00 –17.00: Presentación do “Plan de Igualdade do STEG”
17.00 –18.30: Obradoiro: “Ferramentas para a prevención da violencia de xénero nas aulas”
Relatora: Amanda Díaz Pena.

18.30–19.30: Visionado das “Curtas pola igualdade. VII Edición 2013”: “La Boda”; “Sexo explícito”; “Por la flor de la canela”; “Un pan debajo del brazo”; “Recursos humanos”.

19.30-20.00: Avaliación da Xornada.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal