Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
SAÚDE LABORAL
O "mobbing" ou acoso laboral

INTRODUCCIÓN
¿QUE É O ACOSO PSICOLÓXICO?
O MOBBING NA ESCOLA

INTRODUCCIÓN

A noción de accidente de traballo, configurada sobre o triángulo "lesión corporal - traballo por conta asea- causalidade traballo/lesión", permaneceu basicamente inalterada dende a lei de 1900 na que apareceu. Foron os tribunais nun lento proceso de recoñecemento de demandas, quen foron estendendo o concepto á enfermidade profesional, ó accidente in itinere, a algunhas enfermidades psíquicas e cardiovasculares, etc. Foi o caso da incorporación do mobbing ó concepto de accidente de traballo: por primeira vez no Estado Español, e a resultas de sentenzas de data 17-12-2001 ditadas pola Audiencia Provincial de Navarra, as baixas de tres traballadoras da contrata de limpezas foron recoñecidas como accidente de traballo derivado da existencia de acoso moral por parte do conserxe do colexio público no que traballaban.

Dende o 3,5% da clase traballadora que sufría o problema nos anos 80 (segundo estudios de Leymann, Universidade de Estocolmo) ata o 14% actual que recoñecen investigacións da OIT ou da Universidade de Alcalá, houbo un severo aumento que resulta difícil desvencellar do modelo de relacións laborais e de sociedade-individuo que se nos está a impoñer, así coma o combinado paro-precariedade-exclusión. En España recoñécese unha taxa do 5%. En Europa, a Administración Pública atópase entre os sectores máis afectados. Aparte do acoso laboral strictu sensu, o 2% das persoas que foron preguntadas declara estar sometido a acoso sexual e o 6% a violencia física.

Recentemente, unha investigación entre 2000 traballadoras e traballadores da Central de Sindicatos do Québec (CSQ, que opera no eido docente) subliña a importancia do mobbing. O estudio informa sobre as súas consecuencias e destaca o papel decisivo da organización do traballo e do contexto socio-económico. Un de cada cinco docentes de Québec sofre o "mobbing".
A investigación foi realizado por Angelo Soares, profesor de Socioloxía da Universidade de Québec en Montreal, e os resultados son ben preocupantes: o 11% das persoas entrevistadas din padecer nese momento acoso psicolóxico, o 18% din telo padecido nos últimos doce meses; o 6% afirma ter sido testemuñas de escenas nas que unha ou un colega sufría acoso. Por último, o 65% di non o ter vivido nunca. As vítimas son principalmente mulleres (71%), pero tendo en conta que representan os dous terzos dos efectivos da Central, tamén é vítima unha boa proporción de homes. Esta maneira xorda de violencia no traballo existe dende sempre pero dende hai algún tempo volveuse "máis popular".

 

¿QUE É O ACOSO PSICOLÓXICO?

Heinz Leymann, psicólogo alemán, é considerado como pai do concepto e definiuno como o encadeamento repetitivo de episodios hostís expresados ou manifestados por unha ou varias persoas contra unha terceira (a persoa diana) no traballo. E un proceso destrutivo, constituído por accións hostís das que a constante repetición ten efectos devastadores sobre a vítima acosada.
O acoso moral pode ser de tipo vertical, é dicir, dun ou dunha superior a unha persoa subordinada; nese caso, a persoa agresora está disposta a todo, incluída a destrución psicolóxica da vítima, con tal de logra-los seus obxectivos. Hai tamén un acoso de tipo horizontal, onde a agresión é entre colegas ou iguais; é o que con maior frecuencia sofren as vítimas. As actuacións máis frecuentes de acoso vividas polas vítimas son as seguintes:

-Fanse insinuacións sobre min, pero sen expresar nada directamente.
-Diríxenme olladas ou xestos de carácter negativo.
-A xente fala detrás de min.
-Unha ou un superior limita as miñas posibilidades de expresa-la miña opinión.
-Póñense en cuestións as miñas opinións.
-Bérranme por detrás.
-Descualifícase constantemente o meu traballo.
-Interrómpenme constantemente.
-Hai persoas que espallan rumores contra min.

Trátase de pequenos xestos insidiosos e nocivos. É a súa repetición no tempo a que remata por destruí-la persoa. "O acoso moral, afirma Marie France Irigoyen (psiquiatra e autora dunha obra sobre o tema, que revolucionou Francia), é unha violencia en pequenas doses que non para nunca e que é moi destrutiva".
¿Unha violencia que non se detecta? Sorprendentemente, así é. Dez persoas afirmaron non vivir acoso moral mentres que sufrían unha ou dúas destas actuacións ó menos durante máis de dous meses. "Para elas, o acoso converteuse en algo normal, é parte do seu traballo", afirma Angelo Soares.
Hai unha especie de banalización da violencia como constatou Marie France Irigoyen en numerosas vítimas do acoso moral: " Sucede que as vítimas desta violencia insidiosa consultan coa ou co psicoterapeuta individualmente, pero non polo feito do acoso, senón polo que denominan inhibición intelectual, falta de confianza en si mesmas, dificultade para reafirmarse ou por un estado depresivo permanente, resistente fronte ós antidepresivos, incluso por un estado depresivo máis franco que pode conducir ó suicidio".
Se estas vítimas se queixan algunha vez ós cargos superiores ou a algunha ou algún colega, persiste nelas a dúbida sobre o que está pasando: " ¿Non serei eu realmente o que estea a inventar todo isto, como algunhas persoas me deron a entender?
É importante resaltar que as investigacións realizadas ata o momento son unánimes ó subliñar que non se pode establecer correlación algunha entre o perfil de personalidade das vítimas e o ser vítimas do acoso. En resumen, isto pódelle pasar a calquera.
" Este tipo de estrés psicolóxico víveo tanto quen padece o acoso coma as testemuñas, que constatan a xeración dun mal clima de traballo". ¿Pero porqué ser testemuña ten tantos efectos psicolóxicos coma ter sido vítima do acoso moral? "Por diversas razóns - responde Angelo Soares-. As testemuñas teñen medo de ser acosadas elas mesmas. Teñen vergoña porque non fan nada para axudar ás vítimas e desenvólvese un sentimento de impotencia". Neste caso, como noutros moitos, a unión fai a forza. Se as persoas se puxesen de acordo para facer fronte ó agresor ou á agresora, serían capaces de intervir, mentres que soas non conseguen nada.
"O acoso psicolóxico non debe ser concibido como un fenómeno individual, único, episódico, puntual ou accidental, senón coma o resultado dunha converxencia de factores que afectan directamente ó corazón da organización do traballo. Estes factores empreñan os xermes da violencia provocando que rompan as relacións sociais dentro e fóra do traballo".

 

O MOBBING NA ESCOLA

Na escola, segundo José María Avilés, responsable de saúde laboral da confederación de STEs e autor de El maltrato y la intimidación entre iguales (bullying), poden distinguirse basicamente tres tipos de mobbing:

-Mobbing horizontal: un grupo de compañeiras e compañeiros de traballo, de categorías máis ou menos afín, acosan a outras ou a outros, xeralmente de maneira indirecta, cargándoas e cargándoos de traballo, importunando a súa labor ou marxinándoas e marxinándoos profesionalmente.

-Acoso vertical ou bossing: cando é un cargo superior xerárquico (directora ou director, inspectora ou inspector, etc.) quen protagoniza o acoso.

-Acoso estrutural: é aquel derivado dunhas condicións de traballo causadas por unha lexislación desaxustada ou por un orde de traballo abusivo.

Estes tipos de acoso, segundo o mesmo autor, non teñen por que darse illadamente e, de feito, moitas veces danse confundidos. As e os profesionais máis susceptibles de sufrilo son aquelas e aqueles de quen non depende directamente o seu traballo (coordinadoras e coordinadores, profesorado de apoio, orientadoras e orientadores, etc.) e quen sofre postos de traballo precario, coma o profesorado interino.

Entre as moitas clasificacións que poderían facerse, Leymann, un autor clásico na materia, distingue 45 comportamentos hostís que agrupa, segundo a súa natureza, en:

-accións contra a reputación ou a dignidade persoal da vítima, mediante comentarios inxuriosos, ridiculización do aspecto físico, xesto, conviccións, etc.

-accións contra o exercicio do seu traballo: encomendándolle traballo excesivo, difícil, innecesario, monótono ou que requira unha cualificación menor que a posuída pola vítima (shunting); tamén privándolle da realización de calquera tipo de traballo, ou enfrontando á persoa a situacións de conflicto de rol (negándolle ou ocultándolle os medios para realiza-lo seu traballo, solicitándolle demandas contraditorias, etc.)

-manipulación da comunicación ou da información coa persoa afectada: utilizando selectivamente a comunicación, mantendo á vítima nunha situación de ambigüidade de rol ou facendo uso hostil da comunicación, tanto dun modo explícito (ameazas e crítica sobre o laboral e/o persoal) coma implícito (nega-la palabra, ignora-la súa presenza, facer caso omiso das súas opinións,...).

-situacións de iniquidade mediante o establecemento de diferenzas de trato ou a distribución non equitativo do traballo ou as remuneracións. No eido docente é especialmente perverso o uso do poder coa asignación dos horarios, os grupos presuntamente máis conflitivos, algunhas titorías, etc.

 
 
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal