Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
A Consellería aplica o ´dedazo´na súa elección
A CONSELLERIA APLICA O DEDAZO NA ELECCIÓN DAS DIRECCIÓNS DE CENTROS

Durante o debate social que acompañou a tramitación en Cortes da LOMCE xa denunciamos que a nova lei traía consigo unha restrición na participación da comunidade educativa na xestión democrática dos centros, deixando os Consellos Escolares en simples órganos consultivos e apostando pola concentración de poderes exclusivos na figura da dirección, concibida en termos xerencialistas e mercantilistas.

Agora, a Consellería de Educación do Goberno de Núñez Feijó, aplicando o espírito e a letra da LOMCE, vén de presentar na Mesa Sectorial o rascuño dunha orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento de Direccións de centros públicos e faino nuns termos que, de aplicárense, van supoñer outro duro golpe á democracia no ensino, na medida en que colocan esa selección baixo o control total e absoluto da Administración.

Efectivamente, a Comisión de Selección que ten que se constituír en cada centro, que antes estaba formada por 1 Inspector/a (como presidente/a), 3 profesores do centro elixidos polo Claustro e 3 membros do Consello Escolar (que non fosen profesores/as), agora pasará a estar formada por 4 Inspectores (3 deles poden ser directores/as de centros, designados pola Xefatura Territorial), 2 profesoras/es do centro en cuestión e 1 membro do Consello Escolar. Con este reparto, o Consello Escolar, sendo como é o órgano máis democrático e representativo da comunidade escolar, deixa de ter capacidade de decisión sobre a selección da dirección, potestade que recae agora na Administración, ao dispoñer nesa Comisión de maioría absoluta.

Ademais, esta nova orde elimina dos requisitos para presentarse ás direccións a condición, vixente ata agora, de “estar prestando servizos en centros docentes públicos nalgunha das ensinanzas das que se ofrecen no centro a que se opta”. Desaparece, así mesmo, a preferencia que antes se outorgaba ás candidaturas do profesorado que tivese destino definitivo no centro fronte a outras. Tamén se elimina o chamado “programa de formación inicial” para as persoas aspirantes á dirección que organizaba a propia Consellería por medio do Servizo de Formación do Profesorado. Finalmente, se na Comisión de Selección dun centro non participasen representantes do Claustro e do Consello Escolar, o nomeamento non será por dous anos, como acontecía ata agora, senón por catro.

Dende o STEG queremos amosar o noso rexeitamento aos contidos desta orde que considera, en definitiva, que un Centro educativo non debe ter capacidade decisoria sobre as persoas que o van dirixir. Por medio desta Orde, a Admistración pretende exercer unha tutela tan excesiva como innecesaria, por limitadora da democracia e da participación, sobre o conxunto da comunidade educativa.

Neste sentido, desde o STEG demandamos:
 1. A inmediata retirada deste borrador de Orde.
 2. Que o Consello Escolar manteña representación suficiente nas Comisións de Selección, mentres estas existan como tal, para ter capacidade real e efectiva de elixir os equipos directivos.
 3. Que os proxectos que se presenten para a dirección dun centro estean redactados en galego.
 4. Que non se poida presentar o mesmo proxecto para varios centros.
 5. Que en caso de non elixir representantes do Claustro ou do Consello Escolar na Comisión de Selección, o nomeamento de dirección que se faga sexa provisorio, polo período dun ano.
 6. Que o proxecto de dirección inclúa as persoas que formarán parte do equipo.
 7. Que no caso de empate, se modifique a orde de desempate, dando preferencia á epígrafe 1 do baremo (antigüidade) fronte á 2 (meritocracia).
 8. Que se estabeleza un período para realizar o “traspaso” á nova dirección, con recoñecemento económico e administrativo ás dúas direccións.
 9. Que non desapareza a formación para novas e novos directores.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
marzo de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal