Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
Manobra electoral do MEC
MANOBRA ELECTORAL DO MEC CO ESTATUTO DO PROFESORADO

O Ministerio presenta a parte referida á “Selección dos funcionarios de carreira docentes” incumprindo o seu compromiso de presentar un proxecto completo de Estatuto do Profesorado para dar imaxe de negociación ante as próximas eleccións europeas.

O MEC comprometeuse en novembro de 2013 a presentar un proxecto de Estatuto Docente partindo do proxecto elaborado en 2007, e presentalo na Mesa Sectorial en xaneiro de 2014, e agora, catro meses despois da data comprometida, preséntanos tan só unha parte moi concreta, a do acceso á función pública docente.

Sobre a proposta presentada, que caso de ser imposta polo MEC aplicaríase nas oposicións do verán de 2015, e como valoración inicial, cabe destacar que mantén o sistema de concurso oposición, esixe superar a fase de oposición para que sexan valorados os méritos, así mesmo á hora de determinar o peso que nela terán as fases de oposición e concurso, darase relevancia á puntuación que se obteña na fase de oposición.

En ningún caso, a puntuación pola valoración dos méritos, determinará por si mesma o resultado do proceso selectivo e será únicamente aplicable a quen supere a fase de oposición. Isto supón desprezar o traballo do profesorado interino.
Este sistema selectivo prevé que a fase de oposición deberá permitir que se acredite por parte de todas as persoas aspirantes unha suficiente competencia dixital, apropiada para a práctica docente.

Na fase de oposición o persoal aspirante, salvo nas especialidades de idiomas "modernos" nos Corpos de Mestres, de Profesores de Ensino Secundario, e de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, deberá realizar unha proba de idioma estranxeiro na que se acredite un adecuado nivel de dominio das destrezas orais e escritas no idioma correspondente.

No caso de que o ingreso sexa aos corpos de profesores técnicos de formación profesional e ao de mestres de taller, poderá esixirse, ademais, unha experiencia profesional nun campo laboral relacionado coa materia ou área das especialidades ás que se aspire.

Na mesa, o Ministerio comprometeuse, a instancias do STEG, a non elaborar nestes momentos, un real Decreto de acceso se non hai un novo estatuto do profesorado.

Desde STEG seguimos defendendo un sistema de acceso diferenciado no que se oferten prazas para o profesorado de novo acceso e prazas para o profesorado interino, para valorar debidamente a experiencia do profesorado interino, colectivo que non puido ingresar na función docente por unha oferta pública insuficiente, e que demostrou en numerosas ocasións a súa capacidade.

Rexeitamos que nunhas oposicións á administración se esixan competencias e coñecementos que non se impartiron nos estudos cursados para a obtención do título que capacita para presentarse a devanditas oposicións. E ao mesmo tempo reivindicamos que as administracións educativas deben formar en horario lectivo ao profesorado para aquelas novas tarefas que pretendan que desempeñe, como son a competencias dixitais e o coñecemento de idiomas.


Secretariado Nacional do STEG
  abril de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal