Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
A Consellería condena á exclusión a máis de 2.000 alumnas/os
FP Básica vs PCPI

Outra volta de porca no desmantelamento do ensino público

Neste curso 2013-2014 estanse impartindo na Galiza un total de 300 PCPIs, con implantación en case todos os IES (agás nalgunhas cidades), o que significa que teñen unha presenza e distribución xeográfica moi ampla. Os PCPI concebíronse como unha medida de atención á diversidade, ofrecendo, grazas á súa estrutura, unha grande versatilidade e capacidade para adaptárense ás diferentes necesidades do alumnado e á diferente organización dos centros educativos.

PCPI en cifras

Modalidade
Galiza
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Alumnado
A, en IES, CEE e CPR
146
45
19
20
61
2190
B, nos CIFP
25
14
4
3
4
325
C mixta
130
56
24
11
39
1950
Total
301
115
47
34
104
4515
 
Cos datos da táboa precedente á vista, é doado tirar algunhas conclusións sobre a implantación actual das distintas modalidades dos PCPIs:
  •        modalidade A é a maioritaria nos centros nos que ademais de ESO e Bacharelato se ofertan tamén Ciclos Formativos.
  •       modalidade B, impartida nos Centros Integrados de FP, é case residual: nalgún destes centros nen tan sequera se ofertaron os PCPIs das familias profesionais das que imparten Ciclos Formativos.
  •       modalidade C-mixta é a máis espallada xeograficamente. O potencial alumnado desta modalidade vai ser o máis perxudicado: a súa alternativa é a nova FPBásica Dual e, atendendo ao tecido empresarial galego, vai ser moi difícil a sinatura de convenios Educación-empresas. A algúns IES xa os informaron que ían ficar sen esta opción, sen lles ofrecer outra alternativa.
Para o vindeiro curso 2014-15 desaparecen os PCPIs porque se vai implantar a nova FP Básica. A menos de seis meses de que comece o novo curso, a comunidade educativa estamos no desconcerto total. Na Consellería aínda non saben como facer. Nos centros non saben que vai vai pasar co alumnado. As familias contan que a FPBásica cubra a oferta dos PCPI, mais isto é ben difícil.

En Galiza ofertábanse 39 perfís de PCPI, contra os 14 Títulos Profesionais Básicos aprobados até o de agora. Isto significa que van quedar familias profesionais sen oferta de ningún título da nova FPBásica.

Onde se vai implantar entón a FPBásica? O que parece certo é que vai ser nos CIFP, claro está (só 14 en toda Galiza), nos IES nos que haxa Ciclo Formativo da mesma familia e naqueloutros centros nos que xa están impartindo PCPI factíbeis de convertelos en FPBásica Dual. Aos centros educativos de localidades afastadas das cidades ou das vilas máis grandes (centros como os de Vimianzo, Trives, As Neves ou A Fonsagrada, por poñermos algúns exemplos), váiselles retirar a única oferta coa que contaban para que o alumnado en risco de exclusión non fique abandonado? Todo apunta a que si... De ser así, é esta outra etapa do afogamento da Galiza non urbana?

A Consellaria di que a nova FPBásica vai asumir o 90% do alumnado potencial dos PCPIs. Como chegan a esta cifra? Ninguén é capaz de imaxinalo. Ou é que alguén acredita que se van ofertar 4515 prazas de FPBásica? Se nen tan sequera saben onde se vai implantar!


De mantérense estes criterios - desaparición dos PCPIs modalidade C mixta e máis dos de modalidade A que se imparten en IES nos que non hai Ciclo Formativo-, estamos a falar de máis de 2.000 alumnas/os afectados; estaríase, pois, condenando á exclusión ao alumnado que se atopa en situación educativa e, sobre todo, social máis precaria.
 
Secretariado Nacional do STEG
abril de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal