Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  LINGUA GALEGA   
17 DE MAIO
Desde o STEG saudamos a celebración dun novo 17 de maio
MANIFESTO DO STEG NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Saudamos con ledicia e celebramos con ilusión no STEG, un ano máis, a festa maior da nosa cultura, das nosas letras, da nosa lingua.

Sumándonos a esa onda expansiva de iniciativas e actividades que levan á rúa e aos corazóns o amor polo idioma de noso, decidimos organizar para esa data no local da A.C.Auriense, na cidade das Burgas, unha festa propia, cun programa en que non faltarán contacontos para os máis miúdos, libros e discos para sortear como agasallo e poesía e música da boa a raudais. Alí vos agardamos cos brazos abertos a quen quixerdes achegarvos.

“E a tea dos teus soños non se move...”, reza o verso penelopiano de Díaz Castro, poñendo o dedo nalgunhas das chagas que asedian acotío o noso devir colectivo: a do inmobilismo, a do encasulamento, a da resignación, a do derrotismo. Non negaremos que mirando arredor hai ben cousas no panorama da lingua que convidan a caer nesas trapelas e desánimos. A indolencia e o menosprezo que practican desde a Xunta de Núñez Feijoo e desde o Goberno de Rajoy co idioma propio de Galiza non ten precedentes. A desfeita do tecido cultural, vítima dos recortes austericidas e da falta de apoio real das autoridades neoliberais, é notoria. A presenza do galego no ensino vive un momento de retroceso innegábel e a LOMCE, de se chegar aplicar, aínda agravará máis a situación. E así seguido...

Mais fronte a todo isto debemos dicir como Galileo “Eppur si muove”. Continúa habendo en amplos sectores da nosa sociedade, entre os que nos situamos decididamente, un combate calado pero constante de afirmación dos nosos dereitos lingüísticos. Están nacendo novas webs, novas publicacións e novos selos editoriais que dan canle a unha creatividade potente e orixinal e que contrúen unha ágora aberta e plural na que a sociedade respira, crea, debate e participa. Ábrese co dominio .gal unha nova xanela ao mundo pola que a presenza da nosa realidade de pobo con cultura e lingua propia ha de resplandecer aínda máis. Algunhas entidades de defensa do idioma viven, asemade, instantes de transición interna que talvez poidan abrir un novo tempo revindicativo, de novas confluencias e de avanzo, sempre e cando se revisen lealmente estratexias mal orientadas e se corrixan erros de vulto cometidos no pasado.

Retomando palabras que xa estampamos noutras ocasións, mais sempre valedeiras nesta data, facemos un chamamento desde o STEG aos/ás compañeiros/as docentes en particular e a toda a sociedade galega en xeral a reafirmarse no uso e no amor á lingua galega como máximo sinal da nosa identidade como pobo; a organizar e participar en toda caste de actos arredor da efeméride; a saír ás rúas para reivindicar os nosos dereitos como falantes; e a gozar, en fin, nese día extraordinario e festivo, dos nosos libros, da nosa música, do noso teatro e do noso patrimonio cultural, proxectando o soño dunha Galiza máis culta e máis libre para todo o mundo.

Secretariado Nacional do STEG
Maio de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal