Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
SOLIDARIEDADE STEG
Obxectivos
No STEG estamos persuadidos de que desde esta organización sindical, ao igual que desde o voso centro educativo, podemos e debemos aportar un esforzo especial na tarefa colectiva da solidariedade, a cooperación e a interculturalidade.
 
Esta sección web pretende explicar e expor as iniciativas que o STEG leva a cabo nestes ámbitos. Desde aquí convidámosvos a coñecer un pouco mellor as nosas actividades e a unirvos a nós en calquera delas. Todo o mundo é benvido.
 
Os nosos obxectivos son:
  • Colaborar con aquelas organizacións de ámbito galego ou superior que desenvolven directamente programas de cooperación que responden ás necesidades reais da comunidade coa que traballan. Neste sentido, é o grupo social desfavorecido quen debe ser dono e partícipe en todo momento do programa de axuda.
  • Garantir que a integridade das axudas chegan a mans da comunidade deficitaria. Para isto colaboramos persoalmente coas organizacións e o voluntariado que están implicados no proxecto.
  • Facer patente que a diversidade social e cultural é natural e que convén facer desta circunstancia un motivo educativo. Ora ben, non facer pasar nunca a diversidade por desigualdade.
  • Axudar a organizar un marco de relacións baseado no igualitarismo, para podermos participar con garantía de dereitos (opinando, decidindo, tomando responsabilidades,...) dado que, con respecto, podemos analizar criticamente todas as culturas, tamén iso que se deu en chamar “cultura escolar”.
  • Evidenciar a natureza política dos conflitos presuntamente culturais, xa que mellorar a existencia das persoas é o mellor xeito de mellorar as relacións.
  • Educar no tratamento dos conflitos culturais, sendo conscientes do noso etnocentrismo cultural e desvelando a construción interesada de estereotipos.
 
Por suposto, o STEG sempre ten os brazos abertos a todas aquelas persoas, afiliadas ou non, que queiran pedir información, facer unha doazón puntual, de cartos ou material, e mesmo colaborar voluntariamente no noso proxecto solidario. Non dubidedes en contactar: solidariedade@stegsindicato.org
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal