Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
SOLIDARIEDADE STEG
Á Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy

O sindicato de Ensino STEG cede por unanimidade o 0,7% do seu orzamento anual do pasado ano á asociación herdeira e continuadora do proxecto Preescolar na Casa.

A Asociación Antonio Gandoy de Lugo, de recente creación, presenta aínda un escaso número de socios colaboradores, de persoal voluntario e de medios para realizar o seu labor.

Foi por isto que no transcurso do Secretariado Nacional galego que o STEG celebrou o pasado sábado 29 de marzo no CEIP de Antas de Ulla, acordou por unanimidade outorgarlle á Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy o 0,7% solidario do seu orzamento sindical correspondente ao pasado ano 2013. Esta donación fíxose efectiva o pasado xoves 8 de maio na propia sede da Asociación.

Como xa vén sendo práctica habitual deste sindicato, todos os anos se busca unha organización, preferentemente galega, que desenvolva un traballo permanente, serio e riguroso, relacionado co mundo educativo, coa infancia, co desenvolvemento das capacidades e potencialidades sociais e humanas das persoas en xeral, e que manteña a súa independencia e autonomía a respecto das demais instancias sociais e políticas. Tamén se procura que sexa un organismo que presente un funcionamento claramente democrático, que teña en conta aos seus asociados nun proceso de toma de decisións o máis consensuado posible. Velaquí os valores que o STEG tamén practica e defende.

Neste caso, a Asociación Antonio Gandoy, como entidade sen ánimo de lucro que ten como fins primordiais defender e reivindicar a importancia do fogar familiar como primeiro e máis importante ambiente de aprendizaxe, foi a escolla máis acaída. A Asociación Antonio Gandoy amosa, ademais, un firme compromiso coa lingua, a cultura e a contorna e o saber propios, entendéndoos como bens imprescindibles para o desenvolvemento das persoas. Difunde unha cultura da infancia, das súas necesidades, potencialidades e dereitos e promove a creación de servizos de atención socio-educativa a nenas e nenos en contextos familiares de especial vulnerabilidade, buscando a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida familiar e laboral.

En definitiva, o STEG considerou tamén a necesidade de que o profesorado do ensino público, no exercicio do seu traballo, se vexa apoiado e complementado con outros profesionais, servizos e institucións. Unimos a isto unha traxectoria de colaboración entre o STEG e a histórica Fundación Preescolar na Casa, de 35 anos de experiencia educativa, que nos levou a entrar no Comité de Empresa da Fundación e a apoiar e denunciar no seu día a desaparición á que o goberno da Xunta ía condenando o proxecto.

Secretariado Nacional do STEG / Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy (12 maio 2014)
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal