Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
A sentenza sobre o baremo do CXT é a gota que colma o vaso da súa nefasta xestión
O STEG DEMANDA A DEMISIÓN DO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN
A SENTENZA SOBRE O BAREMO DO CONCURSO XERAL DE TRASLADOS É A GOTA QUE COLMA O VASO DA SÚA NEFASTA XESTIÓN

A recente sentenza do Tribunal do Contencioso-Administrativo nº 2 de Compostela, que anula parcialmente a convocatoria do Concurso Xeral de Traslados do funcionariado docente e obriga a un proceso de rebaremación sen precedentes, é a gota que colma o vaso da nefasta e incompetente xestión do conselleiro Jesús Vázquez.

Xa perdemos a conta, desde que comezou o desempeño do seu cargo, das veces que nos tribunais de xustiza e noutros órgaos de control, como a Inspección de Traballo, foron desautorizadas as súas decisións e iniciativas lexislativas, sempre marcadas por un nesgo ideolóxico partidista ultraconservador: no caso do decreto do plurilingüismo, no caso dos concertos con centros que segregan alumnado por xénero, no caso das revisións periódicas de saúde do funcionariado docente, no caso do “despido” masivo dos traballadores e traballadoras que impartían os cursos CELGA...

Desde que asumiu o seu cargo, este conselleiro non fixo máis que aplicar medidas que supuxeron un deterioro continuo nas condicións laborais do profesorado (aumento de carga horaria, redución e conxelación salarial, baixas laborais penalizadas, redución continua de prazas, incremento exponencial na impartición de afíns e de itinerancias...) e que gravaron inxustamente as maltreitas economías da maior parte das familias con fillos e fillas en idade escolar (repago de comedores escolares, desaparición da gratuidade dos libros de texto, redución de bolsas de estudo...).

Por se todo isto non abondase, decidiu tamén darlle un carácter partidista e propagandístico descarado á páxina web institucional da súa consellería, permitíndose lanzar desde ela ataques tendenciosos a determinadas organizacións sindicais ou a sectores da comunidade educativa (ANPAS, organizacións estudantís, equipos directivos) que cuestionaron as súas inxustas medidas.

A prepotencia e a constante falta de respecto marcaron a súa relación coa representación das traballadoras e traballadores nos organismos legalmente constituídos como canle de negociación, como é o caso da Mesa Sectorial e foi evidente o seu talante represor na incoación de expedientes como o que afectou ao director do IES Illa de Arousa. A súa alerxia á xestión democrática dos centros púxose asemade de manifesto no contido da última orde de selección de equipos directivos, onde reservou para a propia Administración toda a capacidade decisoria, en detrimento da representación dos Claustros e dos Consellos Escolares. A chapuza que a Consellería montou co baremo do Concurso Xeral de Traslados agora anulado pola Xustiza deriva, en derradeiro extremo, desa conxénita incapacidade do Conselleiro para a negociación e o diálogo co profesorado e dese afán de unilateralismo de “ordeno y mando” que desprega acotío.

Mais todo este autoritarismo sobrado á hora de tratar coa comunidade educativa ou á hora de desafiar o cumprimento das sentenzas xudiciais que lle foron adversas, convértese en desleixo flagrante cando se trata de ter preparadas as cousas para que a actividade nos centros poida planificarse e desenvolverse como é debido. A día de hoxe, comezado xa o mes de xullo, seguen sen estar estampados no DOG nin os currículos de Primaria derivados da LOMCE nin a oferta definitiva de ciclos da nova FP Básica, con todas as consecuencias que esa falta de concreción provoca nos centros. Pódese concibir maior dose de improvisación e incapacidade?

Desde o STEG consideramos que o Conselleiro Jesús Vázquez xa deu probas abondas durante estes últimos anos das súas virtudes, ningunha, e dos seus defectos como xestor público: partidismo, prepotencia, incompetencia, reaccionarismo, insensibilidade social e nulo respecto pola representación sindical e polos propios dereitos do profesorado. A súa demisión é o primeiro paso inexcusábel para o cambio de rumbo que o sistema educativo necesita sen falta no noso país.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
2 de xullo de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal