Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
Denuncia do STEG do proceder de algúns tribunais
Oposicións 2014
Denuncia do STEG do proceder de algúns tribunais


O STEG quere denunciar a presión á que algún tribunal da oposición de Bioloxía e Xeoloxía está sometendo ao persoal opositor disuadindo da lectura pública da primeira e segunda parte dos exames, co argumento de aforrar tempo, cando na Orde de 17 de Marzo de 2014 pola que se convoca o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, explicita na base décima (10.3.2), “ao efectuarse a primeira parte e a segunda parte da proba por escrito procederase á súa lectura conxunta e a cualificación de cada parte realizarase por separado”.

Se ao feito de que os exames (que conteñen nomes e apelidos) non son gardados en sobres individuais, lle engadimos que non son lidos polas persoas examinadas (debido ás mensaxes disuasorias das persoas que exercen a presidencia de tribunais), pode dar lugar a moitas suspicacias e malentendidos.

Os tribunais teñen que ser os garantes de que todo o proceso de oposición ten que parecer e ser transparente e sempre teñen que actuar velando polos intereses das persoas que participan nese proceso selectivo.

Desde o STEG queremos denunciar o proceder destes tribunais, máxime cando a inmensa maioría dos demais gardan os exames en sobres individuais e estes son lidos publicamente.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
xullo do 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal