Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2014-2015
O profesorado sofre peores condicións que as da media de sistemas educativos comparados
Segundo os indicadores do Panorama da Educación 2014, da OCDE, o profesorado do Estado español sofre peores condicións laborais que as da media de sistemas educativos comparados.
 
A secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio, utilizou á conveniencia dos intereses políticos do Ministerio de José Ignacio Wert os datos sobre as condicións laborais do profesorado no sistema educativo público do Estado español.

Durante a presentación feita recentemente no Ministerio de Educación do informe Panorama da Educación 2014. Indicadores da OCDE (Education at a Glace 2014. OCDE Indicators), a señora Gomendio destacou, sobre todo, os “bos salarios” do profesorado no Estado español en comparación cos do resto de países da UE e da OCDE, mais ocultou outros datos ben relevantes dese mesmo informe, evidenciando así unha intolerábel intención manipuladora.

Efectivamente, segundo o propio informe Education at a Glace 2014. OCDE Indicators, a dedicación horaria anual do Profesorado no Estado español é ben superior á media dos países da OCDE e da UE-21. Concretamente,

  • O Profesorado de Educación Primaria, con 880 horas netas de clase anuais, adica un tempo superior ao da media da OCDE (782 horas) e sitúase moi por riba da media na Unión Europea (754 horas).
  • O Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, con 713 horas netas de clase anuais, adica tamén un tempo superior ao da media da OCDE (694 horas) e ao da Unión Europea (653 horas).
  • Finalmente, o Profesorado que imparte Bacharelato sitúase con 693 horas netas de clase, fronte ás 655 horas da OCDE e as 622 de media da Unión Europea.

Debe terse enconta, ademais, que o salario do profesorado non é igual en todo o Estado español, pois nas diferentes comunidades autónomas abóanse complementos salariais moi diferentes, o que fai que os haberes anuais percibidos sexan distintos dependendo da CC.AA. na que se traballe.

En materia salarial, fronte á idea que quixo espallar a señora Gomendio, o profesorado do Estado español non está para nada privilexiado, nin en termos absolutos (en referencia á renda per cápita do país), nin en termos relativos (comparándose co resto de países da UE-21 e da OCDE).

Esiximos, pois, ao Ministerio de Educación, Cultura e Deportes que ofreza información veraz e non manipulada sobre a realidade salarial e as condicións laborais dos traballadores e traballadoras do ensino, e, así mesmo, que retire o Real Decreto de 2012 de recortes no ensino para proceder de inmediato a reducir o número de horas lectivas que o Profesorado debe impartir, de tal forma que non exceda da media da UE-21 recollida no informe Panorama da Educación 2014. Indicadores da OCDE.

Secretariado Nacional do STEG
15 de setembro de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal