Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2014/2015
A pedagoxía sistémica Cudec: un modelo para educar en valores, orientar e resolver conflitos na comunidade educativa
Denominación da actividade: A pedagoxía sistémica Cudec: un modelo para educar en valores, orientar e resolver conflitos na comunidade educativa

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Orientación. Convivencia escolar. Resolución de conflitos. Educación en valores. Titorías.

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Obxectivos da actividade:
• Dar a coñecer o enfoque da Pedagoxía Sistémica Cudec. Unha ferramenta que nos permite ampliar a nosa ollada ao abordar o feito educativo, desenvolvendo a educación en valores (a tolerancia e a convivencia), e asemade ofrecer recursos cos que resolver os conflitos que se xeran nas aulas.
• Profundizar experimentalmente no coñecemento das dinámicas propias dos diversos axentes e ámbitos do Centro Escolar; así como na súa aplicación práctica para encontrar solucións.
• Ofrecer ferramentas ás persoas docentes para a súa aplicación práctica e concreta dentro e fóra da aula, que permitan:
- Aceptar o conflito como soporte para superar as dificultades interpersoais.
- Crear situacións lúdicas e distendidas en que sexa máis doada a comunicación e a aprendizaxe.
- Profundizar e aprender a traballar en temas que fan parte da vida dos nenos e nenas e polo tanto que teñan sentido e significado para eles e elas.
- Aprender a percibir e interpretar as mensaxes corporais..
- Aprender que son e como podemos manexar as emocións.
• Crear pontes entre a Familia e a Escola, potenciando os vínculos entre o centro escolar e as familias, fomentando a relación cos pais/nais do alumnado, ao servizo de quen debe estar a comunidade educativa como instrumento social.
Programa de contidos:
• Qué é a Pedagoxía Sistémica?: Outra forma de ver os asuntos escolares e de ampliar a nosa ollada.
• A alianza entre a Familia e o Centro Escolar ao servizo da educación do alumnado e da resolución de conflitos.
• As ordes e os vínculos na Comunidade Escolar.
• Os límites e a necesidade de contención na Educación: como abordar as dificultades nas aulas.
• As influenzas familiares e xeracionais na orixe e na solución de conflitos.
• Ferramentas sistémicas, resolución de problemas dentro e fóra das aulas.
• As habilidades sociais no centro escolar, enfocadas á educación en valores: a tolerancia e a convivencia.
• O manexo das emocións.
- Tipos de emocións.
- Que pode facer a mestra / o mestre cando o/a alumno/a ten un proceso emocional no colexio.
• A comunicación
- A escoita activa.
- A linguaxe verbal e non verbal.
- O manexo das emocións na comunicación.
- A linguaxe do silencio.
• Recursos prácticos para traballar dentro da aula e nas titorías:
- Qué facer cos nenos/as adoptados/as.
- Familias separaras ou divorciadas.
- Nenos/as que experimentan perdas por morte de seres queridos.
Metodoloxía
Curso vivencial. A través de xogos e dinámicas grupais poránse en práctica de forma globalizada e activa os distintos contidos.

Introduciranse os aspectos teóricos correspondentes a cada sesión mediante breves exposicións, acompañadas de exemplos prácticos, exercicios y movementos nos que participarán activamente as persoas asistentes. Haberá tempo para comentarios, preguntas e intercambio de opinións

Se xurdisen, iranse abordando problemáticas e casos particulares relacionados co labor docente das persoas participantes.

A metodoloxía será esencialmente concisa, amena e práctica, permitindo e fomentando o desenvolvemento e a adquisición de ferramentas didácticas que sexan de utilidade para a práctica educativa diaria.

Datas e horario de realización
:
- venres 21 de novembro de 2014, das 17:00 ás 20:00 horas
- sabado 22 de novembro ase 10:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 19:00 horas

Lugar de celebración: Centro Multiusos de Educación “López Mella”, Parque da Milagrosa, Lugo.

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 4 Información, 5'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: Dona María Nieves Domínguez González, con documento de identidade nº 44.460.456-F

Relación nominal das persoas relatoras:
• José Antonio García Trabajo – DNI: 05629329X.
• María Jesús Rodríguez Simón – DNI: 09723009N.
• Micaela Beiro Oreiro - DNI 76514253S
Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES73 2080 5500 4030 4011 2010, consignando como concepto: “Matrícula A Pedagoxía Sistémica Cudec”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.

Recursos materiais
:

Para as exposicións utilizaranse ademais os materiais propios da aula: encerado, xices, rotuladores, PowerPoint,...

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal