Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2014/2015
Primeiras Xornadas de Innovación Educativa en Infantil e Primaria
Denominación da actividade: Primeiras Xornadas de Innovación Educativa en Infantil e Primaria

Modalidade formativa: Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Área: Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade.

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil e Primaria.

Estrutura das Xornadas:
Desenvolveranse 3 grandes relatorios, coas súas correspondentes reflexións, debates e actividades:

1. “Os proxectos como metodoloxía de traballo en Educación Infantil”. Relatora: Dolores Oubiña (EEI A Pastora, Cambados)

Obxectivos
– Coñecer o que é un proxecto, diferenciándoo de unha unidade didáctica ou un tema.
– Fomentar mediante o traballo por proxectos a autonomía na aprendizaxe do alumnado.
– Facilitar a interrelación na comunidade escolar con esta metodoloxía: familia- alumnado –profesorado-centro.
– Crear alumnado crítico, cooperativo, que investigue e pense.
Contidos
– Proxectos e unidades didácticas.
– A aprendizaxe cooperativa e colaborativa na metodoloxía por proxectos.
– Estruturación dun proxecto.
– A colaboración familia–centro como eixo principal dos proxectos na E.I.
– Experiencias concretas na E.E.I. da Pastora (Cambados, Pontevedra)

2. “Implicación das familias na animación á lectura: un modelo colaborativo”. Relatora: María José García (CEIP Castroverde, Lugo)

Obxectivos
1. Comprender a influencia da familia na aprendizaxe escolar, especialmente na adquisición do hábito lector nas etapas de educación infantil e primaria.
2. Fomentar actitudes favorables á colaboración familia-escola no desenvolvemento dos obxectivos de aprendizaxe.
3. Analizar diversas estratexias de intervención didáctica para a implicación das familias na animación á lectura dende a perspectiva das comunidades de aprendizaxe.
4. Facilitar o coñecemento de recursos prácticos para a posta en marcha dun plan lector que inclúa a participación activa das familias.
Contidos
- Relación entre competencia lectora e rendemento escolar.
- Modelos familiares en relación coa lectura.
- Familias académicas e non académicas.
- Factores que inflúen na adquisición de hábitos e actitudes favorables cara a lectura.
- O modelo das comunidades de aprendizaxe.
- A aprendizaxe dialóxica.
- Estratexias e recursos “dialóxicos”: faladoiros literarios e grupos interactivos.
- Unha experiencia concreta de traballo coas familias na aula.

3. “O proxecto educativo da Fundación Antonio Gandoy”. Relatora Dorotea Paz Cortiñas (Fundación Antonio Gandoy, Lugo; antigo Preescolar na Casa)

Obxectivos:
- Dar a coñecer o proxecto que desenvolve a Asociación socio-educativa Antonio Gandoy creada no ano 2013, para darlle continuidade ao labor desenvolta pola Fundación Preescolar na Casa durante 36 anos.
- Fomentar o coñecemento sobre a importancia educativa dos primeiros anos e do papel educativo da familia.
- Presentar unha proposta didáctica: a maleta do “Buf…”.
- Desenvolver algunha actividade práctica relativa á maleta do “Buf”.
Contidos:
1.1. A asociación Antonio Gandoy e o labor de Preescolar na Casa.
1.2.Liñas de traballo da Asociación Antonio Gandoy
2.1. A familia, primeiros educadores.
2.2. A importancia dos tempos compartidos dentro da familia.
2.3. Os espazos das familias.
3.1. A maleta do Buf: xogos e enredos para facilitar o traballo na casa ou na aula co aparato fonador.
3.2. Elaboración dun asubío con un bugallo e outras propostas co mesmo material.
Metodoloxía:
1. Charla teórica con apoio de imaxes e vídeos.
2. Obradoiro práctico destinado a elaborar algún enredo e a coñecer o material da maleta do Buf.
Datas e horario de realización:
Sábado, 29 de Novembro de 2014, das10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

Lugar de celebración: IES Aquis Celenis, de Caldas de Reis (Pontevedra).

Valoración das horas de formación: 8 horas, todas elas presenciais, das cales 2'5 horas dedicaranse a cada un dos tres relatorios e 0'5 horas para a realización da avaliación da actividade.

Número de prazas: Mínimo de 15 e máximo de 60.

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora:

D. Emilio Xosé Ínsua López, con d.i. nº 76.569.721-F


Relación nominal das persoas relatoras:
- Dª Dolores Oubiña, con d.i. nº 35.447.179-Q
- Dona María José García García, con d.i. nº: 33.857.368-B
- Dª. Dorotea Paz Cortiñas, con d.i. 33.995.587-T.
Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES89 2080 5138 8730 4001 2186, consignando como concepto: “Matrícula Xornadas Innovación”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal