Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2014/2015
Introdución ao Software Libre na Educación
Denominación da actividade: Introdución ao Software Libre na Educación

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Novas tecnoloxías. Integración didáctica das TIC. Recursos didácticos.

Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Obxectivos da actividade:
  • Coñecer as características xerais do software libre.
  • Xustificar as razóns do uso de software libre no ensino.
  • Identificar as diferentes distribucións GNU/Linux.
  • Dar a coñecer as características da distribución LinuxMint.
  • Crear un disco de inicio dunha distribución GNU/Linux.
  • Arrancar un disco de inicio USB.
  • Introducir programas de software libre no ensino
Programa de contidos:
  • Filosofía e características xerais do software libre.
  • Vantaxes e inconvenientes no uso do software libre.
  • Aplicación do software libre no ensino.
  • Manexo básico da distribución LinuxMint.
  • Programas de software libre máis característicos en educación: LibreOffice, Gimp, Inkscape, Son e vídeo, Programación (Arduíno).
Datas e horario de realización:
- Sábado 17 de xaneiro de 2105, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas
- Sábado 24 de Xaneiro de 2015, de 10 a 14 horas.

Lugar de celebración: IES Manuel García Barros, A Estrada (Pontevedra).

Valoración das horas de formación: 12, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 5 Información, 6 Posta en común e actividades, 1 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: D. Emilio Xosé Ínsua López, con d.i. 76.569.721-F

Relación nominal das persoas relatoras:
• D. José Carmelo Cacabelos Romero, con Documento de Identidade nº 35.444.794-T
• D. Gumersindo Monteagudo Domínguez, con Documento de Identidade nº 76.827.525-G
Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES89 2080 5138 8730 4001 2186, consignando como concepto: “Matrícula Introdución ao software libre na educación”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal