Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2014/2015
Con letra e música de muller
Denominación da actividade: Con letra e música de muller

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Coeducación. Titoría. Música. Lingua e Literatura. Dinamización lingüística. Integración didáctica das TICS. Biblioteca. Mellora da convivencia escolar.

Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un e-mail con cartaz e díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante; denominación e modalidade da actividade; data, horario e lugar de realización; número de prazas; valoración en horas de formación; persoas relatoras; destinatarios/as; custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Obxectivos da actividade:
  • Poñer en valor as achegas artísticas das mulleres.
  • Coñecer as estratexias que puxeron en práctica as mulleres para desenvolver o papel de autoras ao longo da historia literaria e musical.
  • Facer un percorrido histórico polas creacións populares de autoría feminina.
  • Entender a creación artística como a construción dun discurso propio.
  • Analizar composicións literario-musicais tradicionais, desde unha perspectiva temática.
  • Achegarse ás producións actuais que beben directamente da tradición popular.
  • Empregar as creacións das músicas do século XXI como material didáctico.
Programa de contidos:
  • Testemuñas históricas da muller como autora na lírica popular.
  • Estratexias que puxeron en práctica as mulleres para superaren os atrancos como autoras.
  • A construción dun discurso propio: Auto-afirmación, o canto e o baile como actividades de cohesión feminina, autoconcepto, relacións amorosas (iniciativa, pasividade, desengano...), actitude perante o matrimonio, relación coa nai, a sociedade reguladora do comportamento, etc.
  • As producións contemporáneas que beben directamente da tradición popular (pandereteiras e cantadeiras).
  • A obra das músicas do século XXI: cantantes, gaiteiras e compositoras.
  • Propostas de aplicación pedagóxica nos centros, biblioteca, titorías, etc. (25 de novembro, 8 de marzo, Día da Paz, Letras Galegas en feminino plural, etc.).
Datas e horario de realización:
- Venres, 30 de Xaneiro de 2015, das 17 ás 20 horas
- Sábado 31 de Xaneiro de 2015, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

Lugar de celebración: CEIP Apóstolo Santiago (Rúa Proxecto Vagalume, Compostela).

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 4 Información, 5'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: Don Diego Pérez Castro, con d.i. 34.985.358-N

Relación nominal das persoas relatoras:
• Dona Isabel González Avión, con d.i. 35.558.178-V
Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES41 2080 5355 6330 4003 7132, consignando como concepto: “Matrícula Curso Con letra e música de muller”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal