Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MOBILIZACIÓNS    
MARCHAS DA DIGNIDADE
O STEG valora positivamente a xornada do 22M
A Marcha da Dignidade enche as rúas de Madrid
O STEG valora positivamente a xornada do 22M


Máis de dous millóns de persoas encheron as rúas de Madrid na convocatoria feita pola Coordinadora Estatal da Marcha da Dignidade 22M. Entre as persoas que percorreron as rúas de Madrid atopábanse miles de persoas chegadas de todos os territorios do Estado. Unha parte, camiñando desde o pasado día 1 de marzo, outros nos máis de 900 autobuses e a columna galega en tren e autobuses. As columnas territoriales entraron en Madrid por diferentes barrios e pobos para confluír en Atocha para iniciar a manifestación unitaria.

A manifestación estivo encabezada por unha gran pancarta coa palabra dignidade en catalán, castelán, galego, euskera e asturiano. Detrás ían as pancartas dos territorios, movementos sociais, todas as mareas, sindicatos e partidos políticos.

Na manifestación participarón máis de dous millóns de persoas. Cando a cabecera chegou á Praza de Colón aínda había moita xente en Atocha e unha multitude nas beirarrúas e rúas laterais para poder avanzar.

A movilización foi un éxito tanto pola participación como pola organización. Unha organización desde a base, de carácter horizontal e plural, onde todas as persoas e colectivos traballaron para garantir o éxito dunha movilización social que acabe coas políticas neoliberales dos gobernos da troica. Unhas políticas ao servizo da minoría e dos poderosos que están empobreciendo á poboación e acabando cos dereitos das traballadoras e traballadores e do conxunto da cidadanía.

As reivindicacións da Marcha da Dignidade , ao redor das cales agrupáronse tantos movementos sociais, son claras: non ao pago da débeda, non aos recortes, non aos gobernos da troika e pan, traballo e teito para todas e todos.Tamén se criticou duramente a pasividade dalgúns sindicatos.

O STEG valora positivamente a movilización e a manifestación do 22M e a patircipación activa de miles de traballadoras e traballadores e da cidadanía. Por outra banda, tamén critica a actuación da Delegación do Goberno de Madrid que desde o primeiro momento intentou "criminalizar" unha protesta pacífica e multitudinaria. Nese sentido, considera que o despregue policial e a súa actuación na Praza de Colón cando o acto aínda non terminara e estaba cantando a Solfònica, é un claro exemplo.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
24 de marzo de 2014
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal