Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2014/2015
Tecnoloxía 3D a través da impresión 3D para a educación
Denominación da actividade: Tecnoloxía 3D a través da impresión 3D para a educación

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Novas tecnoloxías. Integración didáctica das TICS.

Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un e-mail con cartaz e díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante; denominación e modalidade da actividade; data, horario e lugar de realización; número de prazas; valoración en horas de formación; persoas relatoras; destinatarios/as; custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Obxectivos da actividade:
  • Introducir ao alumnado na tecnoloxía 3D.
  • Dar a coñecer os usos, tipos e diferentes formas de utilización en xeral desta teconoloxía.
  • Dar a coñecer en particular o uso da tecnoloxía na impresión 3D (FDM) para uso educativo.
Programa de contidos:
  • Tecnoloxía 3d, que é? Como a podemos usar na aula?
  • Casos prácticos de primeiras implantacións de tecnoloxía 3D en España en centros públicos ou privados e noutros sistemas educativos.
  • Impresión 3D: tipos, aplicacións, materiais e uso educativo da mesma.
  • Software e aplicacións gratuítas ou de pago para construción de modelos 3D
  • Outras formas de conseguir un modelo 3d sen crealo
Datas e horario de realización:
- Venres, 27 de Febreiro de 2015, das 17 ás 20 horas
- Sábado 28 de Febreiro de 2015, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

Lugar de celebración: CEIP Vistahermosa (Ourense).

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 4 Información, 5'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: Dona Ana Dios González, con documento de identidade nº 12.771.006-A

Relación nominal das persoas relatoras:
Dona Ana Gómez Nogueiras, con documento de identidade nº 34.991.187-E
Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES30 2080 5251 4330 4014 9434, consignando como concepto: “Matrícula Obradoiro Tecnoloxía 3D”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal