Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  CONCURSO DE TRASLADOS   
CONCURSO DE TRASLADOS 13/14
O TSXG revoga a sentenza do xulgado nº 2 de Compostela que anulaba parcialmente o concurso
A sección 1ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de emitir dúas sentenzas (a 735/2014 e a 737/2014) – con poñentes diferentes en cada caso- nas que se valora, na convocatoria do concurso de traslados, ao funcionariado de carreira os servizos que estes prestaron como interinas/os. Para iso, ambos os dous fallos revogan as 2 sentenzas do xulgado número 2 do contencioso - administrativo de Santiago de Compostela que anulaba parcialmente a Orde de 16 de outubro de 2013.

O TSXG aplica a xa coñecida doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) sobre a diferenza de trato entre persoal fixo e persoal temporal onde a non valoración do tempo traballado como interinas/os resultaba contraria á Directiva 1999/70 tal e como era aplicada polo TJUE.

Ante a nova situación xerada xurden algunas cuestións:

1.- O TSXG pode ditar unha sentenza contraria á xurisprudencia do Tribunal Supremo?
É perfectamente posible que o TSXG dite unha sentencia contraria a xurisprudencia do Tribunal ​S​upremo cando, como ocorre neste caso, considere, de acordo co principio de primacía do dereito comunitario, que a doutrina do tribunal estatal resulta contraria á xurisprudencia do TJUE ao aplicar normativa europea (está bastante ben explicado no fundamento xurídico carto da sentenza). Neste caso ademais a sentenza do Supremo non contemplaba nos seus fundamentos a directiva 1999/70 o que reforza a argumentación do TSXG.

2.- Que recursos caben contra a sentenza:
A sentenza é recorrible en casación por interese de lei, este recurso só o poden interpoñer:

- A Xunta.

- A Administración xeral do Estado

- O Ministerio Fiscal

Pode ser que a Fiscalía interpoña recurso neste caso, pero non é fácil prever se o fará ou non; teñen 3 meses para pensalo.

É moi dubidosa a posibilidade de interpoñer recurso de casación en unificación de doutrina. Este recurso, no seu caso, o poderían interpoñer as partes no procedemento no prazo dun mes dende a data de notificación da sentenza.

3.- Sobre o CXT estatal do 2014:
Como é moi probable que o CXT do 2014 sexa recorrido, tamén é moi probable que se repita a situación de inseguridade que temos padecido estes últimos meses pero no ámbito estatal, está claro que finalmente terá que volver a pronunciarse o Tribunal Supremo sobre a cuestión e moi posiblemente chegará a ser preciso que o propio TJUE tamén se pronuncie.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal