Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
Importes a percibir
Co obxecto de informar sobre a cantidade que se vai percibir da paga extra do mes de decembro de 2012, eliminada polo Real Decreto 20/2012, así como os pasos que hai que dar para solicitala se o persoal se atopa nunha situación distinta á do servizo activo, transcribimos o que a lei de orzamentos di sobre o particular:

Na Disposición adicional décimo sétima da lei 11/2014 de orzamentos xerais de Galiza para o ano 2015 dise o seguinte:

Disposición adicional décimo sétima. Recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012 do persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia

a) O persoal incluído no artigo 1.2.a) da Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, percibirá unha cantidade equivalente á parte proporcional correspondente a vinte e dous días da paga extraordinaria (soldo da extra + trienios da extra + complemento de destino) e sete días das pagas adicionais ou equivalentes (complementos específicos: específico docente + sexenios + singular -por cargo- + función titorial) do mes de decembro de 2012 que foron suprimidas. Naqueles casos en que non proceda o recoñecemento da totalidade da anterior cantidade, reduciranse proporcionalmente ao cómputo de días devindicados en cada un dos conceptos ata a entrada en vigor da mencionada norma.

Para as persoas que estean xubiladas pero que traballaron algún día despois do 01/06/2012 di o seguinte:

Ao persoal que non se ache en situación de servizo activo ou asimilada na data de entrada en vigor desta lei
ou que perdese a condición de empregado público, as cantidades a que se refire esta disposición seranlle aboadas pola consellería, organismo ou entidade á que lle correspondese aboar no seu día a mencionada paga de decembro de 2012, logo de petición dirixida ao órgano de xestión de persoal que corresponda.

Se o persoal afectado pola supresión tivese falecido á entrada en vigor desta disposición, a petición a que se refire o parágrafo anterior deberana formular os seus herdeiros conforme o dereito civil.
Secretariado Nacional do STEG
Xaneiro de 2015

documento en pdf
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal