Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2014-2015
O Ministro Wert contra a Universidade Pública
O MINISTRO WERT CONTRA A UNIVERSIDADE PÚBLICA

O MEC disponse a reformar a universidade para potenciar a súa privatización, para encarecela, e para dificultar o acceso e mobilidade do profesorado universitario.

Xa en 2012 o ministro Wert deu pistas de por onde quería que fose a súa reforma universitaria: brutal diminución do investimento público e o encarecemento das taxas, por unha banda, e o aumento do horario lectivo do profesorado por outra; foron medidas que indicaron claramente a política universitaria que quería seguir o PP. Esta reforma vaise facer por medio de reais decretos que se están tramitando.

O goberno pretende facilitar aínda máis a creación de universidades e centros universitarios privados, potenciando a dinámica actual, que permitiu pasar de 13 universidades privadas que había hai 15 anos ás 32 actuais. E para conseguilo presentaron o "proxecto de real decreto de creación e recoñecemento de universidades e centros universitarios", co que pretenden modificar e diminuír os requisitos esixidos para a creación de universidades, empezan pola eliminación do requisito de que os títulos a impartir cubran as distintas ramas do coñecemento, desde Enxeñería ata Humanidades, e continúan pola eliminación do requisito de ter en conta a demanda por maior poboación escolar; tampouco necesitarán para a súa creación o informe favorable da Conferencia Xeral de Política Universitaria, nin se especifican cales son os recursos adecuados que necesitan para cumprir os seus fins, nin se lles esixen a achega de garantías financeiras para asegurar o seu financiamento.

Sen dar tempo á implementación e avaliación dos diferentes estudos de grao impostos pola aplicación do denostado Plan Bolonia, o ministerio pretende a través do "proxecto de Real Decreto polo que se modifica o RD 1393/2007, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais e o RD 99/2011, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutorado” modificar os estudos de Grao (catro anos e 240 créditos) e de Máster (un ano e 60 créditos), permitindo que as universidades modifiquen a duración de graos e másters, implantando graos de tres anos e máster de dous; o obxectivo é claro, encarecer os estudos universitarios, pois as taxas das matrículas dos másters son bastante máis elevadas que as dos graos. Esta media, á que hai que unir a diminución do número e contía das becas, parece destinada claramente a endurecer o acceso á universidade por cuestións económicas, claramente expúlsase da universidade ás fillas e fillos das familias que non poden pagar estes desorbitados prezos.

A actividade docente segue infravalorada no "proxecto de Real Decreto polo que se modifica o RD 1312/2007, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios" pois, xunto a esta infravaloración, os procedementos de avaliación dos méritos e competencias dirixidos a obter a acreditación necesaria para acceder aos corpos docentes universitarios son menos claros e imparciais que os actuais, endurecendo os requisitos que facilitan o acceso e a movilidade do profesorado universitario, permitindo valorar o traballo externo á universidade cando os méritos de docencia e investigación sexan insuficientes.

O STEG entende que a defensa da universidade pública pasa por impedir a publicación destes reais decretos, pois a súa aplicación contribuiría ao desmantelamento progresivo da universidade pública no que está embarcado o actual goberno co ministro Wert como punta de lanza, e que se demostra cos seguintes datos: nos últimos catro anos diminuíu o investimento universitario en máis de 1.500 millóns de euros; os cadros de persoal diminuíron en máis de oito mil persoas (entre Profesorado e PAS) por despedimento, xubilación e polo mantemento da taxa de reposición de efectivos no 10%; subiron as taxas, nalgunhas comunidades máis do 50%, e diminuíron as becas do MEC nun 15%; o alumnado matricúlase en menos créditos, e o curso pasado houbo 45.000 estudantes universitarios menos que o anterior (deste curso non hai datos aínda).

É necesario tamén recuperar o investimento na educación superior, acabar coa taxa de reposición, aumentar o número de becas e diminuír as taxas para permitir que á universidade pública poida accederse en función dos méritos e coñecementos e non da dispoñibilidad económica das familias.

Secretariado Nacional do STEG
2 de febreiro de 2015
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal