Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  CONCURSO DE TRASLADOS   
CONCURSO DE TRASLADOS 13/14
Sentenza do 11/02/2015
Unha nova sentenza do TSXG publicada o 13 de febreiro sobre o a puntuación do funcionariado interino no CXT do 2013 vén a modificar a situación creada polas sentenzas 735/2014 e a 737/2014, publicadas no mes de decembro, do mesmo tribunal. Nesta nova sentenza o Tribunal entra no fondo da cuestión e confirma a improcedencia da valoración do tempo traballado como funcionariado interino no apartado 1.1.2 (aínda que na sentenza, entendemos que por erro, se refira ao apartado 1.2, xa que o fundamento sétimo correspóndese co apartado 1.1.2), ditada no seu momento polo tribunal número 2 do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Esta sentenza confirma, así mesmo, a procedencia da valoración do tempo traballado como funcionariado interino no apartado 1.1.1 do citado baremo.

Desde o STEG reiteramos, unha vez máis, a utilización partidista que fai a Consellaría da web institucional xa que, en contraposición coa nova que emitiu a Consellaría o día 19/12/2014 (ler aquí) onde o Conselleiro dixo "Quedan, pois, despexadas todas ás dúbidas sobre o concurso de traslados convocado por esta Consellería”, neste momento, día 19/02/2015, aínda non se emitiu ningunha "actualidade" no portal da Consellaría referida á nova sentenza do TSXG. Non será porque non avala na súa totalidade o baremo que impuxo a Consellaría no seu momento? Despéxanse todas as dúbidas, ou aparecen novas neste entramado xudicial ao que nos abocou irresponsábelmente esta Consellaría?

E aínda quedan contenciosos sen resolver, cando menos, no Tribunal nº 1 de Santiago de Compostela.....

O STEG demanda da Consellaría unha aclaración da situación nova creada e que segue a afectar, e xa vai moito tempo, a unha gran cantidade de profesorado.


Sentenza do TSXG do 11/02/2015
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal