Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2014/2015
Coeducar en Igualdade
 Denominación da actividade: Segundas Xornadas: Coeducar en Igualdade

Modalidade formativa: Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013)

Área: Temas Transversais, Coeducación, Titoría, Mellora da Convivencia, Atención educativa á diversidade, Competencia lingüística.

Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un e-mail con cartaz e díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante; denominación e modalidade da actividade; data, horario e lugar de realización; número de prazas; valoración en horas de formación; persoas relatoras; destinatarios/as; custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Estrutura das xornadas
Combinarase a presentación de varios relatorios coa posta en marcha de obradoiros prácticos e coa presentación de materiais coeducativos en diversos soportes. O horario inicialmente previsto é o seguinte:

9,30-10,00 horas- Recepción das asistentes.
10,00-12,00 horas- Relatorio de Gloria Vázquez Portas (Asociación Ve-la Luz): “Grito en silencio da infancia”.
12,00- 12,30 horas- Pausa-Café
12,30-14,30 horas- Obradoiro de Lola Ferreiro Días: “Onde comeza o maltrato?... E o bo trato?”
14,30- 16,00 horas.- Xantar
16,00-18,00.horas- Obradoiro de María Luz González Rodríguez “A linguaxe importa”.
18,00-19,30 horas.- Debate e conclusións dos obradoiros.
19,30-20,00 horas.- Avaliación e clausura das Xornadas

Obxectivos da actividade
:
1. Implicarse afectivamente coa igualdade de oportunidades entres os sexos.
    1. Implicarse afectivamente coa igualdade de oportunidades entres os sexos.
    2. Fomentar que o principio de igualdade de oportunidades teña unha traducción real nas diferentes comunidades educativas.
    3. Procurar que a participación activa do profesorado nun proceso de actualización formativa dende a perspectiva de xénero como parámetro de calidade da atención educativa.
Programa de contidos:
1. O currículo explícito e os seus mecanismos de transmisión de contidos sexistas.
2. O uso da linguaxe na escola.
3. A educación afectivo sexual dende a perspectiva de xénero.
Datas e horario de realización:
- Sábado 11 de abril de 2015, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

Lugar de celebración: CEIP San Pedro de Visma, r/Lagares nº 12, A Coruña.

Valoración das horas de formación: Un total de 8, das cales todas serán presenciais, repartidas entre relatorios e obradoiros.

Número de prazas: Mínimo de 15 e máximo de 60 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: Dona María Nieves Domínguez González, con documento de identidade nº 44.460.456-F.

Relación nominal das persoas relatoras:
- Dona Gloria Vázquez Portas
DNI: 32.805.769-H
Integrante da Asociación Ve-la Luz
TÍTULO DA PONENCIA: “Grito en silencio da infancia”.

- Dona Lola Ferreiro Diaz
DNI: 33.231.259-P
CENTRO DE DESTINO: IES LAMAS DE ABADE.
ESPECIALIDADE: Catedrática de procesos sanitarios.
TÍTULO DO OBRADOIRO: “Onde comeza o maltrato?... E o bo trato?”

- Dona María Luz González Rodríguez
DNI: 09.754.235-G
CENTRO DE DESTINO: IES Obispo Argüelles. Avda del Bierzo s/n 24100 Villablino, León
ESPECIALIDADE: Mestra PT
TÍTULO DO OBRADOIRO: “A linguaxe importa”.
Custo da matrícula:
- 10€ por persoa
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES41 2080 5355 6330 4003 7132, consignando como concepto: “Matrícula II Xornadas: Coeducar en igualdade”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal