Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2014/2015
Educación Medioambiental
Matriculación:   Folla de inscrición
Denominación da actividade: Primeiras Xornadas de Educación Mediambiental

Modalidade formativa: Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013)

Área: Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Competencia social, Educación en valores, Recursos didácticos.

Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un e-mail con cartaz e díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante; denominación e modalidade da actividade; data, horario e lugar de realización; número de prazas; valoración en horas de formación; persoas relatoras; destinatarios/as; custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Estrutura das Xornadas:
Desenvolveranse mediante 2 grandes apartados, coas súas correspondentes informacións, reflexións, debates e actividades (4 horas para cada un dos dous apartados):

Apartado A: Fomento de hábitos de consumo responsable (Amigos da Terra)

Na nosa sociedade o consumo é un factor clave non soamente dende o punto de vista económico, senón tamén dende o punto de vista ambiental e social. É preciso informar e educar á poboación en xeral e ao alumnado e profesorado dos centros educativos en particular para poder tomar unha actitude crítica ante o consumo e así poder actuar colectivamente, como vía de cambio e mellora.

Obxectivos
Xeral:
Concienciar ao profesorado e, por medio da práctica discente, ao alumnado, da importancia de fomentar hábitos de consumo responsable e respectuosos co entorno medioambiental e social.
Específicos:
- Facilitar información sobre qué son os transxénicos, os alimentos quilométricos, a agricultura e alimentación sostibles e sobre concepto de consumo responsable.
- Fomentar unha actitude crítica e reivindicativa nos cidadáns no seu rol de consumidores.
- Xerar hábitos de consumo saudables e respectuosos co medioambiente e coa sociedade mundial.

Contidos
- Alimentos transxénicos
- Agricultura ecolóxica e sostible: a alimentación e o coidado do medio natural
- Consumo responsable na alimentación : alimentos quilométricos
- Consumo de recursos naturais relacionados coa alimentación
- Pegada ecolóxica.

Apartado B: O currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto (Verdegaia)

Obxectivos
- Definir, máis alá dos lugares comúns, que é unha cultura da sustentabilidade e diferenciala da cultura da insustentabilidade.
- Analizar os materiais escolares, en concreto os libros de texto, baixo este binomio conceptual.
- Xeneralizar esa análise a todo o discurso educativo de docentes e centros escolares.
- Achegar ferramentas críticas e contidos para introducir a cultura da sustentabilidade nese discurso.

Contidos
- Identificación e utilización de fontes escritas (libros de texto) para informarse sobre aspectos problemáticos do contorno próximo e do mundo, analizando criticamente as informacións, reflexionando e debatendo o papel dos dereitos e deberes da cidadanía na construción dun mundo máis xusto e exoloxicamente sustentable.
- Valoración de discursos sociais e científicos e de actuacións que contribúen á conservación do medio e á sustentabilidade.
- Elaboración de informes sobre tratamento nos libros de texto dos problemas asociados á intervención humana sobre o medio ambiente.
- Análise crítica das visións androcéntricas, eurocéntricas e etnocéntricas da ciencia e da tecnoloxía que se divulgan por medio dos libros de texto escolares.
- A xestión sustentable da Terra. Principios xerais de sustentabilidade económica, ecolóxica e social.

Metodoloxía
A metodoloxía será participativa, pois a proposta ten carácter esencialmente práctico. Os pasos a seguir serán os seguintes:
- Dinámica de presentación do grupo e do traballo a realizar.
- Extracción de ideas previas e presentación dos conceptos “cultura da sustentabilidade” e “cultura da insustentabilidade”.
- Elaboración común dunha matriz de análise dos libros de texto e outros materiais escolares baixo os anteriores conceptos.
- Análise de libros de texto e outros materiais en pequenos grupos.
- Posta en común das conclusións.
Materiais necesarios:
Libros de texto actualizados e de diversas materias (cando menos un por cada dúas persoas anotadas). Bolígrafos e papeis para tomar notas. Pizarra ou papelógrafo.

Datas e horario de realización:

- Sábado 18 de abril de 2015, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

Lugar de celebración: IES Pedro Floriani, de Redondela.

Valoración das horas de formación: 8 horas, todas elas presenciais.

Número de prazas: Mínimo de 15 e máximo de 60 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: D.Emilio Xosé Ínsua López, con d.i. 76.569.721-F

Relación nominal das persoas relatoras:
Da Asociación Amigos da Terra:
- Don Antón Lois Estévez, con d.i. nº: 36.046.401-L

Da Asociación Verdegaia:
- Don Miguel Pardellas Santiago, con d.i. nº 53.117.219-F
- Don Marcos Madroño González, con d.i. nº 36.165.600-D
- Don Iñaki Varela Pérez, con d.i. nº 53.176.556-G
Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 12 €
- Afiliacion no desemprego: 6 €
- Persoas non afiliadas: 20 €
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES89 2080 5138 8730 4001 2186, consignando como concepto: “Matrícula I Xornadas de Educación Mediambiental”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal