Sobre o CXT de 2013 o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ditou tres sentenzas, dúas en decembro, que levaron ao Conselleiro a dicir "Quedan, pois, despexadas todas ás dúbidas sobre o concurso de traslados convocado por esta Consellería” (nova da Consellaría do día 19/12/2014 -
ler aquí -) e a última en febreiro, da cal non temos a día de hoxe, nin valoración, nin nova de actualidade, nin información oficial algunha por parte da Consellería de Cultura, Educación e O.U.
Do mesmo xeito que o STEG solicitou no seu momento (06/08/2014 –
ler aquí-) suspender a toma de posesión prevista para o 1 de setembro ata que se resolvesen xudicialmente as cuestións que estaban pendentes, mantendo os destinos de orixe de todas as persoas participantes no CXT, por considerar que era a opción menos prexudicial dentro da problemática creada pola Consellaría, neste momento o STEG
esixe á Consellería que execute a última sentenza ditada polo TSXG para dar
seguridade xurídica ao conxunto do profesorado, dado o entramado xudicial no que se atopa este CXT pola súa irresponsabilidade. Así mesmo queremos manifestar o noso total rexeitamento na busca de subterfuxios para obviar o cumprimento desta sentenza, como podería ser a execución só para aquelas persoas que houberan recorrido…, ou calquera outra que non sexa explicitada claramente en base á sentenza comentada.
Secretariado Nacional do STEG
marzo de 2015