Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2014/2015
Creación e xestión dun blog escolar
Matriculación:   Folla de inscrición
Denominación da actividade: Obradoiro de creación e xestión dun blog escolar

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Novas tecnoloxías. Integración didáctica das TICS. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Fomento da lectura.

Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un e-mail con cartaz e díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante; denominación e modalidade da actividade; data, horario e lugar de realización; número de prazas; valoración en horas de formación; persoas relatoras; destinatarios/as; custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Obxectivos da actividade:

O obradoiro vai dirixido ó profesorado de primaria, secundaria e bacharelato interesado en tentar aproveitar os blogs como ferramenta de traballo para as súas clases e como medio para dar visibilidade as actividades realizadas co alumnado. En concreto, está máis orientado para o profesorado de linguas; pero, como exemplo, podería servir para todo tipo de profesorado que estea implicado en actividades relacionadas coa biblioteca, os clubs de lectura ou os equipos de dinamización da lingua galega.

Nunha primeira parte, dedicaremos un tempo á creación dun blog a través dun titorial de blogger, tentaremos que esta se desenvolva de xeito práctico e achegaremos experiencias propias para dominar todos os trucos básicos de creación dunha entrada ou post (texto, imaxes, vídeos).

As motivacións de creación do blog escolar poden ser moi diversas, de aí que procuraremos adaptarnos ás necesidades de cada profesional específico. Aínda así, o noso obradoiro estará máis centrado na exposición de experiencias en torno a blogs, que son específicos dun Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG), da biblioteca, e dun club de lectura escolar.

O obxectivo último é que o profesorado se achegue ó emprego dos blogs para que a súa actividade docente sexa máis atractiva para el e para o seu alumnado, e entenda que poden ser unha ferramenta útil no desenvolvemento do seu labor docente.

Por último, no tocante á xestión dun blog, expoñeremos a nosa experiencia desde o punto de vista da realización de actividades e do que sería máis unha bitácora de linguas. Trataremos, tamén, a interacción do blog co uso das redes sociais (facebook e twitter) para achegármonos ós intereses de cada docente, en particular, e dos labores docentes en xeral.
 
Programa de contidos:
1. Creación dun blog escolar (titorial de blogger).
2. O uso do blog na educación.
3. Tipo de orientación do blog escolar:
3.1. Antoloxía de recursos para a aula.
3.2. Visibilidade das actividades escolares.
3.3.Caderno de traballo para o alumnado.
3.4. Propostas de proxectos de traballo.
4. Unha experiencia concreta cun blog dun EDLG, da biblioteca escolar e dun club de lectura.
5. Propostas de xestión desde a interacción coas redes sociais. (twitter e facebook)
Datas e horario de realización:
- Venres, 24 de abril de 2015, das 17 ás 20 horas
- Sábado 25 de abril de 2015, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

Lugar de celebración: IES A Basella (Pontevedra).

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 5 Información, 4'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: Dona Salomé Díaz Muñiz, con documento de identidade nº 33.993.677-Q

Relación nominal das persoas relatoras:
• Don Emilio Xosé ínsua López, con documento de identidade nº 76.569.721-F
Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES89 2080 5138 8730 4001 2186, consignando como concepto: “Matrícula Obradoiro creación e xestión dun blog escolar”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal