Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2014/2015
Sexualidade e Afectividade, un camiño por percorrer
Denominación da actividade: Obradoiro: Sexualidade e Afectividade, un camiño por percorrer

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Coeducación. Orientación. Convivencia escolar. Educación en valores. Titorías. Temas Transversais. Atención educativa á diversidade.

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un cartaz e un díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante; denominación e modalidade da actividade; data, horario e lugar de realización; número de prazas; valoración en horas de formación; persoas relatoras; destinatarios/as; custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Obxectivos da actividade:
 
Os obxectivos que se pretenden acadar neste obradoiro son os seguintes:
  • Reflexionar acerca de como a construción social do xénero pode afectar ao benestar bio-psico-social na adolescencia..
  • Coñecer e comprender aspectos básicos sobre a sexualidade humana e a educación sexual desde unha perspectiva bio-psico-social do ser humano.
  • Capacitar para elaborar intervencións educativas, informativas e formativas, na área afectivo – sexual.
  • Recoñecer e analizar as actitudes cara á sexualidade propia e a dos demais, posibilitando a súa modificación.
  • Posibilitar o intercambio vivencial e reflexivo entre as persoas.
  • Advertir os condicionamentos culturais que "marcan" a nosa vida sexual e reflexionar acerca da súa influencia.
 
 
Programa de contidos:
  • Como inflúe a socialización diferenciada de xénero na sexualidade.
  • A Educación sexual: mitos e prexuízos.
  • Modelos de Educación afectivo sexual. A saúde sexual.
  • Sexualidade e adolescencia.
  • O concepto do amor romántico: relacións socioafectivas de bo trato e de mal trato entre iguais.
  • Actitudes e sexualidade: actitude docente.
Metodoloxía
A metodoloxía empregada no desenvolvemento do obradoiro será fundamentalmente dinámica e participativa, partindo das propias experiencias vitais das persoas participantes para facilitar un proceso de aprendizaxe común. Baseámonos polo tanto nunha metodoloxía vivencial como medio para suscitar a reflexión colectiva sobre as experiencias do propio día a día, facilitando unha aprendizaxe transformadora que busca o cambio persoal e a incorporación de actitudes, hábitos e condutas favorecedoras da autoestima e o benestar na vida cotiá das persoas participantes. Compaxinarase así a reflexión individual e a reflexión grupal, desenvolvendo paralelamente dinámicas grupais de distensión e de confianza para favorecer tanto a amenidade das sesións como o bo clima grupal.

Datas e horario de realización:
- Venres, 8 de maio de 2015, das 17 ás 20 horas
- Sábado 9 de maio de 2015, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

Lugar de celebración: CFR de Ourense. Rúa Universidade, s/n. 32005. Ourense. Coordenadas GPS: 42.31932, -7.855892

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 4 Información, 5'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: Don Cristian Lorenzo Fernández, con documento de identidade nº 34.997.174-Y

Relación nominal das persoas relatoras: Dona Berta Vega Villaamil, con documento de identidade nº 44.474.766-B

Recursos humanos e materiais
Este Obradoiro será impartido por unha persoa especialista na materia e con ampla experiencia na realización deste tipo de obradoiros. Como medios materiais, necesitaremos unha aula con capacidade e condicións adecuadas para o desenvolvemento das actividades. Ademais deste espazo físico, empregaranse materiais didácticos elaborados co fin de facilitar a aprendizaxe dos conceptos traballados ao longo das sesións, así como un proxector e un ordenador para a presentación dos contidos tratados no obradoiro.

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES30 2080 5251 4330 4014 9434, consignando como concepto: “Matrícula Obradoiro: Sexualidade e Afectividade, un camiño por percorrer”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal