Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2014-2015
O STEG esixe o seu nomeamento como directoras/es
Persoal responsable de centros de menos de 3 unidades

O persoal responsable de menos de 3 unidades en centros de educación infantil e primaria asume tódalas funcións encomendadas ós órganos de goberno unipersoais (dirección, xefatura de estudos e secretaría) según o artigo 14º.4. do Decreto 374/1996. Nese mesmo Decreto, no seu artigo 13º dise que “Os órganos unipersoais de goberno constitúen o equipo directivo do centro”. Non teñen dereito a redución horaria lectiva algunha, pero si teñen as mesmas obrigas que teñen os/as directores/as.

O persoal responsable de menos de 3 unidades en centros de educación infantil e primaria non ten nomeamento como director/a, polo tanto non puntúa no apartado 4.1 do baremo de prioridades na adxudicacion de destinos por medio de concurso de traslados nos corpos de persoal funcionario docente que imparten docencia.

O persoal responsable de menos de 3 unidades en centros de educación infantil e primaria percibe unha cantidade relativa ao compoñente singular do complemento específico como desempeño de posto de traballo docente singular e non pola titularidade de órganos unipersoais de goberno.

En moitas CCAA do Estado este persoal ten nomeamento como director/a, puntuando no apartado 4.1 do baremo de concurso de traslados e percibindo unha cantidade relativa ao compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno.

O STEG solicitou ao Director Xeral de Centros e Recursos Humanos a modificación do Decreto 274/1996, polo que se aproba o Regulamento das escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria a fin de:

- crear unha nova tipoloxía de centros (Tipo E) na que entren a formar parte os centros de menos de 3 unidades.
- dotar ao persoal responsable de menos de 3 unidades en centros de educación infantil e primaria do nomeamento como directoras/es.
- e finalmente, cumpridas as dúas reclamacións anteriores, se puntúe no apartado 4.1 do baremo do concurso de traslados o traballo desenvolvido neste tipo de centros.

Secretariado Nacional do STEG
  7 de abril de 2015
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal