Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
SAÚDE LABORAL
A Saúde Laboral padece, pero non perece
28 de Abril de 2015, Día Mundial da Seguridade e Saúde Laboral no Traballo.

”Únete á construción duhna cultura da prevención en materia de Seguridade, Saúde e Traballo”.

Desde o STEG querémonos unir a este lema proposto pola OIT para 2015, onde unha cultura estatl de prevención en materia de seguridade e saúde no traballo implica o respecto do dereito a desfrutar dun medio ambiente de traballo seguro e saudable a todos os niveis; a participación activa dos gobernos, das persoas empregadoras e das traballadoras para asegurar un medio ambiente de traballo seguro e saudable a través dun sistema de dereitos, responsabilidades e deberes definidos e a atribución da máxima prioridade ao principio da prevención.

Este ano a OIT celebra o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo co fin de promover a prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais en todo o mundo. Trátase dunha campaña de sensibilización cuxo obxectivo é centrar a atención a nivel internacional sobre as novas tendencias no ámbito da seguridade e a saúde no traballo e sobre a magnitude das lesións, enfermidades e mortes relacionadas co traballo.

En España, coas sucesivas reformas laborais, deixáronos un acrecentamento moi alto dos accidentes de traballo, que pasaron de 1.156.574 a 1.170.602 dos que os accidentes con baixa efectiva foron máis do 70% dos totais. As mortes por accidentes de traballo no 2014 foron de 111. Ademais, as enfermidades profesionais incrementáronse nas estatísticas declaradas (nas non declaradas é aínda maior) desde os 16.901 en 2013 aos 17.260 no 2014.

Desde o STEG vemos que a man de obra, o traballo, é considerado coma unha mercadoría coa que se negocia esquecendo os principios fundamentais que rexen as relacións entre os Estados e as empresas declarados na fundación da OIT. É especialmente grave o caso das transnacionais, responsables do 60% do comercio mundial, que son as principais xeradoras de desigualdades ao non aplicar as leis en Galiza e no noso Estado (e noutros países), xa sexa, en contratos económicos, coma nas condicións de traballo, cuestións medio-ambientais, etc.

Desde o STEG esiximos:
  • Unha formación axeitada ás/aos traballadoras/es que lles permita coñecer os riscos xurdidos no seu posto de traballo e coa continuidade no tempo que lles permitan previr os efectos adversos na súa saúde.
  • Recoñecementos médicos anuais que nos permitan coñecer o noso estado de saúde e as causas que os problemas que xeran as nosas enfermidades profesionais.
  • Protección ás/aos traballadoras/es especialmente sensibles que requiren pola súa problemática individual unha adaptación do seu posto de traballo dadas as súas características persoais.
  • Un recoñecementos das funcións, tempo e medios para o desenvolvemento do papel tan importante que desenvolve o persoal delegado de prevención, que son o elo máis esquecido –cando non reprimido- na nosa cadea do proceso produtivo.
  • Unha regulación das novas situacións que se producen pola precariedade nos traballos que fan que multipliquen as baixas laborais e os accidentes de traballo. Esta regulamentación debe ir en consonancia cos criterios admitidos para garantir a saúde física, psíquica e social das nosas/os traballadoras/es no seu conxunto.

Por todo isto, desde o STEG propoñemos que se defendan desde os gobernos as institucións clave que determina a nosa lei de Prevención e Saúde Laboral (da que se cumpren vinte anos desde a súa promulgación) e realicen unhas políticas de distribución da riqueza mediante uns salarios mínimos xustos e dignos baseados na negociación colectiva que é a garantía, tamén, da nosa liberdade sindical, e que poidamos reducir a desigualdade social e económica existente no noso país que fai que un 20% da poboación estea en condicións de marxinalidade e pobreza.

TRABALLADORA/OR:
“A SAÚDE LABORAL PADECE, PERO NON PERECE”.
POR DIGNIDADE,
LOITA POR DEFENDER OS TEUS DEREITOS LABORAIS.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal