Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2014-2015
O STEG rexeita ámbalas dúas Ordes reguladoras destes materiais para o curso 15-16
O STEG REXEITA NOVAMENTE AS ORDES QUE REGULAN O FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
  • Acusa á Consellería de Cultura, Educación e O.U de continuar lexislando a golpe de improvisación
  • As axudas non garanten o acceso universal aos libros de texto e cargan con máis traballo burocrático ás direccións dos centros coa xestión do fondo solidario de libros.
  • Obriga a mercar libros de texto, e polo tanto, impide mercar material complementario e didáctico a alumnado cunha discapacidade menor ao 65%.
Con data 1 de xuño publícase no DOG sendas ordes nas que se regula o fondo solidario e as axudas para adquisición de libros de texto para alumnado de Primaria e ESO.

O STEG considera que a Consellería de Cultura, Educación e O.U., lexisla sen criterio e a improvisación e a falta de planificación volven ser protagonistas:
  • Pódese mercar material didáctico e complementario coas axudas destinadas aos libros de texto, pero só para alumnado cunha discapacidade igual ou maior ao 65%. De forma xeral, o alumnado matriculado en centros ordinarios non poderán optar a mercar material de apoio, complementario e/ou didáctico con esa axuda, e só poderán mercar libros de texto que, evidentemente, non estarán adaptados ás súas necesidades.
  • Recolle a creación dun fondo solidario de libros de texto que estará integrado polos libros adquiridos coas axudas do curso pasado, e con achegas voluntarias de libros vixentes. Non determina qué facer no caso de que o fondo solidario non sexa suficiente para a demanda de libros por parte do alumnado.
  • Redunda na eliminación dun verdadeiro programa de acceso a libros de texto de forma universal.
  • Sobrecarga, unha vez máis, de traballo burocrático aos equipos directivos docentes de todos os centros de Primaria (que, ademais e de forma moi maioritaria, non contan con auxiliares administrativos) e tamén aos de Secundaria (nos que a redución no número de auxiliares administrativos é cada vez maior).
O STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza) rexeita estas novas ordes que regulan os fondos solidarios e as axudas para a adquisición de libros de texto, e reclama unha política eficaz na que o material escolar se refire, que recolla o dereito a un ensino público, gratuito e de calidade en toda a etapa obrigatoria e que garanta a obtención de material didáctico para todo o alumnado matriculado en centros públicos.


Secretariado Nacional de STEG
4 de xuño de 2015
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal