Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2014-2015
O novo bacharelato impón a obriga de estudar relixión
SOBRE AS MATERIAS DE 1º DE BAC

A Administración crea situacións discriminatorias ao adxudicarlle 1 hora á materia de Relixión e non ofertar outra con esa mesma carga horaria


No DOG nº 120 do 29/06/2015 publícase o DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato, no que se concreta a implantación da LOMCE en 1º de BAC.

Desde o STEG queremos denunciar que este Decreto non garante a igualdade de oportunidades para o alumnado á hora de escoller materias, moi particularmente no caso do alumnado que non queira cursar a materia de relixión, reducíndolle a optatividade respecto ao alumnado que si a curse. Pódese dar tamén, directamente, que o alumnado se vexa forzado a escoller esta materia de relixión se desexa cursar algunhas materias concretas (o que soe ser habitual, por ter o bacharelato un forte carácter de especialización).

A explicación de como pode ser isto posible sen vir enunciado explicitamente así no decreto agóchase detrás de dúas decisións tomadas arbitrariamente desde a Consellaría de Educación. Explicamos brevemente o recollido no Decreto, xa que a redacción do mesmo impide detectar esta situación ata que, como ten acontecido, se elaboran as follas de matrícula do alumnado a partir das instrucións recollidas no decreto. No artigo 30 do decreto recóllese que todo o alumnado de bacharelato ten que cursar 6 materias troncais (algunhas con carácter obrigatorio -Filosofía, Lingua Galega, Lingua Española, Idioma estranxeiro- e outras que dependen da modalidade e o itinerario que se escolla de bacharelato). Ata aquí - puntos 1 ao 3 do artigo 30- non hai ningún problema...

O problema vén no punto 4 b, onde se explica que o alumando debe cursar entre dúas ou tres materias dunha listaxe de materias que poden ser de 4, 3, 2 ou 1 hora semanal. A suma total de horas semanais entre estas materias debe ser 6. As combinacións posibles son, xa que logo, 4+2, 3+3, 2+2+2 e 3+2+1. Nesta última posibilidade é onde aparece o efecto discriminatorio. Xa resulta un tanto arbitrario determinar as razóns polas que unhas materias teñen máis número de horas ca outras. Mais a causa da discriminación de facto que denunciamos deriva de que a única materia de 1 hora que se oferta obrigatoriamente por orde da Consellaría é a de Relixión, o que obriga ao alumnado que elixa cursar unha materia de 3 horas e outra de 2 a completar o seu “cupo” de 6 horas collendo Relixión, xa que a administración educativa non garante ao alumnado a oferta doutra materia alternativa de 1 hora semanal.

Vexamos exemplos na modalidae de Ciencias... Unha alumna que queira escoller Tecnoloxía Industrial (3 horas) e TIC (2 horas), tería que coller obrigatoriamente a materia de Relixión para completar o cupo de 6 horas. A Consellaría non ten feito nada para garantirlle a oferta de unha alternativa á relixión...

Idéntica situación se produce coas demáis modalidades de Bacharelato.

A Xunta ten que explicarlle á sociedade por que ao lexislar sobre materias de libre configuración autonómica – como son Antropoloxía, Robótica ou Literaturas Hispánicas - non lexislou unha materia alternativa á Relixión de idéntico status e carga horaria – de 1 hora semanal e integrada no bloque de materias específicas-, como lle demandou xa o STEG na fase de alegacións ao decreto, meses atrás, o que tería impedido que esta situación se producise.

Para o STEG só existen dúas respostas posibles a esta pregunta: a primeira, “a menos mala”, é a ineptitude á que nos ten afeita esta Consellaría; a segunda, gravísima, é o desprezo absoluto desta administración por un dereito básico garantido en todo o noso ordenamento xurídico: a non discriminación por razón de relixión. De tratarse dunha situación que a Consellaría non contemplou, debe rectificar inmediatamente este erro. De non recoñecer o mesmo, o STEG estuda emprender accións legais que contribúan a mellorar o xa abultado récord de sentenzas condenatorias que ostenta a actual administración educativa.

Para o STEG resulta intolerable a resposta da administración ante a nosa denuncia, na que opta unha vez máis por apelar á tan manida “autonomía dos centros”, xa que, argumenta, estes poden ofertar as materias alternativas que consideren. A falacia deste argumento - ademais do indignante que resulta a interpretación que a Consellaría fai do concepto de “autonomía dos centros”- é que esquece que é obriga da administración velar polo respecto aos dereitos fundamentais do alumnado e que este valor, como non pode ser menos, é superior ao da autonomía dos centros.

A administración que non lexisla para garantir un dereito nin garante aos centros os medios humanos necesarios para cubrir a posible demanda, atrévese a responsabilizar aos centros do resultado último? Garante a administración, poñamos por caso, que 4 alumnas e alumnos que non queiran cursar Relixión poderán cursar a alternativa que se oferte aínda que o grupo sexa reducido? Ou obrigará ao alumnado a renunciar ás súas optativas?

Mesmo no caso de que os centros acorden ofertar algunha materia de 1 hora como suxire a administración, de non tratarse de contidos alternativos á relixión senón outra materia calquera, seguiríamos a ter unha situación discriminatoria, por poder o alumnado que acepte a relixión na escola escoller entre dúas materias de 1 hora, mentres que o alumnado que non acepta a relixión só podería escoller unha.

Xa que logo, mírese como se mire, a conclusión é sempre a mesma: discriminación. Non é un resultado sorprendente, se temos en conta que o decreto susténtase sobre a mesma premisa falsa introducida pola LOMCE: que a Relixión é unha materia máis, como outra calquera, como se a este país non tivese chegado aínda a Ilustración...

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
3 de xullo de 2015
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal