Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2015-2016
Galiza perde case unha explotación gandeira por día
O STEG SOLIDARÍZASE CO SECTOR GANDEIRO
Desde a suspensión das cotas leiteiras Galiza perdeu case unha explotación gandeira por día

A crise que afecta o sector gandeiro do leite dende hai tempo e que, nos últimos días, desembocou en mobilizacións masivas por diversos puntos do noso país, alerta do dramático resultado das políticas deste goberno, que co seu desleixo e parsimonia pon en risco a supervivencia dun dos sectores fundamentais da nosa economía, vital para o desenvolvemento do noso país e da nosa xente, e ameaza a subsistencia e medio de vida de moitas persoas.

Dende o un de abril deste mesmo ano, data de suspensión das cotas leiteiras polas que se rexeu o sector dende a entrada de España na Unión Europea, Galiza perdeu case unha explotación gandeira por día, diante da inacción do noso goberno, que parece defender intereses alleos aos da meirande parte da poboación sobre quen goberna.

A liberalización deste mercado e por tanto, a ausencia de controis gobernamentais que garantan os dereitos de boa parte dos pequenos produtores do noso país, favorece a compangada das grandes distribuidoras do sector, pactando os prezos polo miúdo, repartindo entre elas as zonas de recollida, alleas a criterios que salvagarden tamén os intereses dos pequenos produtores que na Galiza son, e moitos, cada vez menos.

Neste contexto de abuso e de falta de vontade política, que constitúe unha traizón á cidadanía, o STEG quere facer pública a súa solidariedade co sector gandeiro e coas persoas traballadoras do mesmo, e adhírese á súa principal reivindicación: un prezo xusto para o leite galego nun marco que non condene unha parte importante da nosa xente, a nova e a vella, á ruína. Pero tamén a posta en valor do agro, un dos sinais fundamentais de identidade do noso país, que contribúa a evitar así o masivo despoboamento que está a vivir o rural na Galiza cara os grandes núcleos de poboación.

Por todo isto: o STEG apoia a reivindicación do sector gandeiro.

Permanento do Secretariado Nacional
Setembro de 2015
pdf co documento
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal