Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2015-2016
Unha guía para familias pon como exemplo un centro privado
 
A CONSELLERÍA FAI PUBLICIDADE SUBLIMINAL DUN CENTRO PRIVADO
 
O STEG vén de coñecer que a Consellería de Eduación fixo pública unha "Guía rápida para familias" para o seu novo servizo de Abalar móbil. Cal sería a nosa sorpresa cando comprobamos que no exemplo que aparece nesa guía figura unha alumna dun centro privado.
 
Cómpre  suliñar que na guía que se distribuíu para o profesorado o exemplo que  figura é dunha alumna dun centro público, co cal a intencionalidade  faise moito máis evidente.
 
O STEG ignora se existe algún tipo de interese en promover ese tipo de centros ou se mediante esta trapallada se pretende dar publicidade a este en particular. É máis evidente, no entanto, que os actos destinados a favorecer o ensino privado e concertado en detrimento do ensino público son cada vez menos disimulados (será o subconsciente a desbordar?). Elixir como exemplo este centro, habendo milleiros de centros públicos, parece, como pouco, desafortunado, cando non directamente insultante.
 
No STEG seguimos mantendo que programas como o Proxecto Abalar deberíanse restrinxir aos centros públicos, porque o contrario supón detraer cartos da cidadanía para favorecer o ensino privado/concertado, sendo completamente inadmisíbel que se aproveiten os centros privados mentres non estea completamente implantado en toda a rede de centros públicos.
Secretariado Nacional do STEG
24 de setembro de 2015
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal