Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MOBILIZACIÓNS    
OUTRAS MOBILIZACIÓNS
7 de novembro, a Madrid
Este foi un verán especialmente sanguento para as mulleres(podes mirar as cifras asasinatos de mulleres en  feminicidio.net ) E a pesar das peticións das asociacións feministas non é tratado como unha cuestión de Estado, de nación, algo que debería ser o centro dos debates e unha prioridade nas axendas políticas.

Por iso seguimos como sempre en alerta e o 7 de novembro de 2015, ás 12 horas, mulleres e colectivos feministas marcharán xuntas a Madrid para esixir que a loita contra as violencias machistas sexa unha cuestión de Estado. Tamén farán actos en todas as cidades. Se queres máis información feminismo.eu/pfg

Desde a Plataforma Feminista Galega convídannos a sumarnos a esta marcha, xa que a erradicación das violencias machistas e das violencias cara ás mulleres é unha cuestión que alcanza a toda a sociedade. O STEG quere sumarse a esta MARCHA ESTATAL CONTRA  AS VIOLENCIAS MACHISTAS e convidar a toda a afiliación a acudir a Madrid.

Manifestámonos contra os feminicidios, a violencia e o acoso sexual, a trata de mulleres, a violencia económica e simbólica, etc. Nen un feminicidio máis! Abonda de violencias machistas e de inacción por parte da xustiza e dos gobernos!

Se queres participar na marcha do 7N co STEG escribe un correo a stegmuller@steg.gal para  poder organizarmos a viaxe.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal