Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2015-2016
O caso de Hadrián Antelo ou o Conselleiro no seu labirinto
A nai de Hadrián Antelo e a súa familia foron "plantados" o pasado luns polo Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen non asistiu á reunión que el mesmo convocou.

A sensibilidade e a preocupación sobre determinadas cuestións maniféstase no xeito, a forma de facer as cousas: ausentarse dunha reunión deste tipo enviando dous funcionarios á mesma, pon de manifesto o desprezo deste goberno pola atención á diversidade e encádrase nun curioso modus operandi, caracterizado por querer resolver os problemas ignorándoos.

Hadrián, de once anos, sofre un tipo de leucemia das máis graves, precisando sesións de quimioterapia que fan que non poida asistir á escola e que reciba clases na casa a través de atención domiciliaria (seis horas semanais fronte ás vintecinco horas que calquera meniña/o ten nun centro educativo). A súa nai, que nesta loita conta co apoio  as ANPAS, solicita que esta atención chegue ás doce horas e media. Doutra banda, as  asociacións de nais e pais demandan que se artellen medidas que promovan un protocolo de actuación nestes casos, elaborado por unha comisión composta polos distintos axentes da comunidade educativa e das autoridades sanitarias competentes.

Son moitas persoas neste país que por variados e sobexos motivos sinten e sofren a invisibilidade social, á cal se xunta a invisibilidade económica, a afectiva, a cultural... Cando non directamente a exclusión. No eido educativo, a exclusión nega a posibilidade de recibir unha educación en condicións. Por isto, O STEG manifesta o seu apoio á familia de Hadrián e ás asociacións de nais e pais que demandan desta Consellería e do seu Conselleiro medidas que garantan a inclusión, a equidade, igualdade e xustiza social do alumnado e, concretamente, que a enfermidade ou a diversidade funcional non supoñan un motivo de discriminación na práctica para ninguén.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
12 de novembro de 2015


 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal