Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2015-2016
O arbitrario e misterioso celo da Consellería co de sempre
Nas últimas semanas a Consellería vén de interpretar dun xeito bastante discutíbel e arbitrario a nova Lei 2/2015 de Emprego Público da Galiza, ao abeiro da cal, pretende eliminar o permiso recollido no artigo 12o da orde do 7 de abril do 2008 que, entre outras cousas, fai alusión ao ás enfermidades leves inferiores a tres días que o profesorado tiña que acreditar documentalmente.

Nesta liña interpretativa, as ausencias que até agora se xustificaban co citado artigo, pretenden incluílas dende a Consellería no artigo 27o do capítulo V, correspondente a imprevistos, artigo polo cal "a dirección do centro poderá aceptar as xustificacións non documentais do persoal funcionario docente ata un máximo de vinte e catro períodos lectivos durante o curso."

A todas luces parece unha lectura bastante dirixida por parte da Consellería que, interesadamente, obvia o que di a Disposición derrogatoria primeira-2o, textualmente:
"Mantén a súa vixencia no que non resulte incompatible con esta lei e co Estatuto básico do empregado público a normativa de desenvolvemento da lexislación da función pública de Galiza, mentres non entren en vigor as disposicións de desenvolvemento da presente lei que a substitúan".

Se a consellería sospeita dun abuso fraudulento deste premiso, é o deber da inspección médica actuar neste ámbito, e non culpabilizar a todo o colectivo docente, o que xa está a causar conflictos entre as direccións e o profesorado, e que redunda aínda mais nesta campaña de desprestixio e de perda de dereitos da nosa profesión. E o que resulta a todas luces inadmisible son as ameazas con sancións administrativas que as distintas inspeccións están a enviar aos centros docentes, sancións administrativas que, no caso de persoal interino e substituto, implicarían a expulsión das listaxes. Iste se traduce para
este persoal en que, se teñen un catarro, unha afonía ou unha gastroenterite, ou van a traballar igual ou se arriscan a que, de facto, os despidan.

O STEG entende que os permisos e licenzas do mesmo contribúen á calidade do ensino, non van na súa contra. A conciliación da vida familiar e laboral e a atención dos aspectos recollidos na normativa da que a Consellería quere prescindir non é unha regalía, senón algo perfectamente comprensíbel para calquera persoa.

Se á Consellería lle molesta que as traballadoras e traballadores teñan dereitos neste senso, o que debe facer é derrogar a normativa vixente e facer outra, ou ben desenvolver a Lei de Emprego Público, nunca levar adiante manobras improvisadas e máis sospeitosas de querer atacar o profesorado que depromover a mellora do ensino público.

Por todo isto, o STEG esíxelle á Consellería que cumpla a legalidade e que manteña o permiso de tres días por enfermidade leve ata que non publique unha nova normativa que desenvolva a lei 2/2015 para permisos e licenzas do persoal docente, e que derrogue ou modifique a Orde do 7 de abril do 2008, aínda en vigor.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
20 de novembro de 2015
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal