Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2015-2016
O ´sostenella e non emendalla´do goberno
Este goberno do PP, ao xeito dos auténticos fidalgos do Século de Ouro, parece obstinado no seu erro, do xeito en que cantaba Santiago Auserón.

Así que, non satisfeito coa reválida do pasado curso (¿alguén é quen de explicar para que serviu, máis do que para consumir recursos, distraer esforzos e sinalar o alumnado?), agora achega unha nova versión a través deste Real Decreto, para a súa realización no sexto curso de primaria (no caso de Galiza xa poden aproveitar e traela feita de Málaga xunto co xantar).

E como dicía André Gide, autor d' Os Moedeiros falsos, hai que estar a dicir sempre o mesmo, porque senón algunha xente non se entera, especialmente o goberno (ao que lamentabelmente non lle podemos atribuír a excusa da ignorancia), polo que o STEG opina sobre este tema que:

• É unha proba innecesaria para tomar as medidas de atención á diversidade, en contra do que se anuncia. Diagnosticar ao alumnado nestas idades, e anteriores, xa o fai o profesorado na avaliación continua que a lei establece. As medidas de atención á diversidade xa se teñen que ter establecido dende os cursos anteriores e non é
este instrumento un medio eficaz para establecelas; en ningún sistema educativo se toman as medidas de atención á diversidade a partir dos resultados dunha proba externa estandarizada.

• Producirá un efecto de estigmatización do alumnado que acade malos resultados, pola formalidade e publicidade que implican estas probas.

• Supón unha desconfianza no profesorado, responsable lóxico e indicado da aprendizaxe do alumnado. É moito máis preciso e rico o diagnóstico que fai un profesional que coñece a/o alumna/o, as súas circunstancias e a súa evolución, do que unha proba puntual e igual para todos.

• Significa tamén unha redución da autonomía dos centros (aspecto no que este Decreto reincide, ao igual cá LOMCE), pois externaliza a confección da proba e descontextualízaa.

• Supón un control do currículo, dado que toda proba mediatiza o desenvolvemento curricular por parte do profesorado, que se verá forzado a lles dar prioridade aos aspectos a avaliar e a lles restar importancia aos que non se avalían, en contradición coa idea da formación integral que debe presidir o ensino obrigatorio de toda a cidadanía.

• Apuntala unha cultura da avaliación puntual e externa, contradicindo a avaliación continua, que a propia lei marca como a que debe rexer nestas etapas educativas obrigatorias. Dará a impresión que son este tipo de controis os que lle dan fiabilidade ao traballo educativo nos centros e á aprendizaxe do alumnado.

Só nos queda pedir dende o STEG que, no canto de gobernar a base de textos e medidas que atentan contra o ensino público, dende o Goberno se adiquen máis recursos económicos e persoas para fortalecer o Ensino Público, deixando de agredilo con este tipo de medidas.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
24 de novembro de 2015
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal