Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2015-2016
Por un mundo de xustiza e igualdade en paz e en liberdade
O STEG condena de forma clara e rotunda os graves atentados que teñen costado a vida a centenas de vítimas inocentes, como os recentes de París, os cales foron precedidos por outros no Líbano, no Exipto e noutros lugares do mundo, que continúan nunha escalada de guerras e bombardeos sobre poboación civil, cos seus correspondentes e inxustificábeis “danos colaterais”. Todo isto provocado polos poderosos que, amparados no sucio negocio da guerra e dos intereses políticos, económicos e xeoestratéxicos, controlan o mundo e impoñen sociedades cada vez máis afastadas dos ideais de xustiza, igualdade, liberdade e paz que nós defendemos.

No STEG reclamamos que a solución a accións violentas non pode ser de ningunha maneira o recorte de liberdades e de dereitos democráticos constitucionais, así como o recurso a estados de emerxencia que provoquen unha involución nas nosas sociedades.

Somos conscientes da dificultade en alcanzar a paz nun estado de cousas como o actual pero sabemos tamén que é sempre posíbel un mundo sen guerra, un mundo en paz... só que, ao contrario do que afirman alguns libros de autoaxuda, non chega con desexalo: o mero “pensamento positivo” ten moi difícil aplicación ―e nulo resultado― nun mundo condicionado polos erros da súa propia historia (pasada e recente) e dominado por unha “realpolitik” que ten ido tecendo ao longo dos anos unha maraña de escuras alianzas onde sen ningún pudor os estados traizoan os intereses da cidadanía ou os seus propios aliados e onde inimigos declarados foron nalgún momento estraños compañeiros de cama.

Convén non esquecer que no final da Primeira Guerra Mundial, Gran Bretaña e Francia incumpriron o seu compromiso cos árabes, sublevados contra o Imperio Turco, e non crearon a “Grande Arabia” prometida senón que dividiron artificialmente e se repartiron o territorio á súa conveniencia, dando orixe aos actuais países. Os intereses xeopolíticos, estratéxicos e petrolíferos en Oriente Medio teñen sido causa do continuo intervencionismo de Occidente na vida política de estes estados, desestabilizando ao seu capricho a zona.

Recordemos como o autodenominado Estado Islámico nace despois da invasión norteamericana de Irak en 2003: policías, militares e membros da intelixencia, expulsados das estruturas de poder do deposto goberno Baaz sunita de Husein, pasarían a integrarse na insurxencia. Ao iniciarse en 2011 as revoltas contra Al-Assad e querendo asegurar a caída do rexime, os servicios de intelixencia turcos e as monarquías do Golfo encabezadas por Arabia Saudita arman e financian, entre outros, os sunitas represaliados de Irak e trasládanos a Siria. Repítese así o mesmo esquema que os Estados Unidos utilizaran, entón mediante os muxaidins, contra os soviéticos en Afganistán.

Arabia Saudita, “o noso amigo árabe”, é unha monarquía absolutista ancorada no medievo que financiou e apetrechou o ISIS co armamento comprado, en negocio multimillonario, a países occidentales como Francia ou os Estados Unidos. Para combater o nacionalismo árabe laico, os sauditas teñen sido mecenas de movimentos extremistas islámicos e exportan tamén a súa propia versión fundamentalista do islam, o wahabismo, custeando en países occidentales a construción de mesquitas que difunden esta visión extremista e que serven de instrumento na radicalización de mozos europeos desencantados, moitos dos cales se enrolaron en grupos integristas como o ISIS ou chegaron a cometer atentados no seu propio territorio. Occidente continúa a ollar para outro lado.

Debemos ignorar agora as nosas propias incoherencias e responsabilidades na orixe do conflito e bombardear un país en guerra onde o “inimigo” se refuxia entre os civís? Deberiamos acaso, tal como fixeran as democracias europeas durante a Guerra Civil Española, non intervir, abandonando á súa sorte un pobo que, fuxindo da morte, xa está a bater ás portas de Europa?

A intervención militar, por si soa, non é a solución e os bombardeos indiscriminados causarían moitas baixas civís na Siria e no Irak. Quixemos esquecer, no entanto, que debido ás nosas decisións e alianzas somos cómplices da financiación sen a cal o Estado Islámico se colapsaría ―Quen os arma, quen os apoia, quen está comprando, por exemplo, o seu petróleo?―. Abramos os ollos: a partires de posicións incoherentes e viciadas non poderemos dar unha resposta realista e definitiva a unha guerra que terminou por salpicar o interior de Europa. Demandemos que todos os gobernos con maior ou menor responsabilidade no conflito, e renunciando a intereses espúreos, busquen inmediata solución ao problema que eles mesmos crearon.

Non ás políticas predatorias contra os pobos e as persoas!
Si á paz!
Si á liberdade!
Si ao respeto polos dereitos humanos e pola soberanía dos pobos!
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal