Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2015-2016
Máis aló dos titiriteiros
A liberdade de expresión: máis aló dos titiriteiros

Diante dos feitos acontecidos nos últimos tempos (a entrada en vigor da chamada Lei Mordaza) e, nestes últimos días a lamentábel detención de dous titiriteiros por presunto enaltecemento do terrorismo) o STEG transmite o seu apoio ás persoas ou colectivos que facendo exercicio do seu dereito á liberdade de expresión, manifestan opinións, creacións artísticas e demais en relación ao seu criterio persoal e intransferíbel.

A restrición de dereitos e liberdades é unha tentación propia de persoas e de sistemas antidemocráticos, que confunden o exercicio da responsabilidade e do poder así como a súa visión da realidade, coa propia REALIDADE: que sempre é máis diversa, máis ampla, máis heteroxénea, inabarcábel, distinta e plural ca ese xeito de mirar dende os ollos do prexuízo, que só ve ameazas e perigos no distinto que o rodea, pero que non é quen de ver a devastación que provoca nos demais ese xeito túzaro de mirar.

A intolerancia, os prexuízos, as ideoloxías dogmáticas e certa ignorancia agochada baixo actitudes e condutas autoritarias son elementos recorrentes na historia das nazóns e das persoas que as conforman cando os seus gobernos detraen liberdades e dereitos, tentando manipular os medios de comunicación, debilitando o tecido cultural e empobrecendo a escola pública, en favor dos seus intereses e ao abeiro dunha ideoloxía moi determinada: o fascismo, nas súas diferentes gradacións.

Neste contexto, o STEG considera de importancia capital o exercicio individual e colectivo da liberdade de expresión así como da denuncia crítica das inxustizas e dos abusos de calquera tipo sobre as persoas, colectivos ou institucións, ben sexa a través de creacións artísticas, manifestacións, concentracións, informacións xornalísticas e demais, conforme á independencia e o libre albedrío, promovendo o espírito crítico, a tolerancia, o respecto e a convivencia harmónica entre a cidadanía.

É moi posíbel que a actuación dos titiriteiros non fóra a adecuada para o público ao que lle tocaba escoitar ese día pero, unha vez dito isto, o STEG condea o suceso, lamentábel nun país democrático, e condea tamén a perigosa deriva que a nivel estatal e nacional vén collendo o Estado de Dereito, que progresivamente adica máis tempo e recursos á represión e á manipulación dos medios ca mellorar as condicións de vida da xente e garantir a mellora do noso sistema democrático.

Así mesmo, o STEG apoia todas as concentracións que se están a levar a cabo por todo o estado en defensa dos dereitos das persoas detidas e esixindo a súa libre absolución.

As persoas e a súa liberdade son un valor irrenunciábel e as autoridades deberan darlle unha volta a aquel vello conto, O traxe novo do emperador, onde o xerarca camiñaba en coiros polo seu reino, moi contento co seu novo traxe: o rei non ía elegante. Ía espido pero ninguén se atrevera a lle dicir nada.

Deberan tomar nota.

CPSN do STEG
12 de febreiro de 2016
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal