Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2015/2016
Introdución ao Software Libre na Educación
Denominación da actividade: Introdución ao Software Libre na Educación

Modalidade formativa: Obradoiro (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013)

Área: Novas tecnoloxías. Integración didáctica das TIC. Recursos didácticos.

Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Obxectivos da actividade:
  • Coñecer as características xerais do software libre.
  • Xustificar as razóns do uso de software libre no ensino.
  • Identificar as diferentes distribucións GNU/Linux.
  • Dar a coñecer as características da distribución LinuxMint.
  • Crear un disco de inicio dunha distribución GNU/Linux.
  • Arrancar un disco de inicio USB.
  • Introducir programas de software libre no ensino
Programa de contidos:
  • Filosofía e características xerais do software libre.
  • Vantaxes e inconvenientes no uso do software libre.
  • Aplicación do software libre no ensino.
  • Manexo básico da distribución LinuxMint.
  • Programas de software libre máis característicos en educación: LibreOffice, Gimp, Inkscape, Son e vídeo, Programación (Arduíno).

Estrutura das xornadas:
Combinarase a presentación de varios relatorios coa posta en marcha de obradoiros prácticos. O horario inicialmente previsto é o seguinte:

10:00 - 10:30, relatorio de Gumersindo Monteagudo: "Filosofía e características xerais do software libre"

10:30 - 11:00 Relatorio de José Carmelo Cacabelos Romero: “Vantaxes e inconvintes no uso do software libre”

11:00 - 11:30, Relatorio de Gumersindo Monteagudo Domínguez: “Aplicación do software libre no ensino”.

11:30 - 14:00: Obradoiro conxunto de José Carmelo Cacabelos Romero e Gumersindo Monteagudo Domínguez: “Manexo básico da distribución Ubuntu-Mate”, neste orde:

11:30 – 12:00 José Carmelo Cacabelos Romero

12:00 – 13:00 Gumersindo Monteagudo Domínguez
13:00 – 14:00 José Carmelo Cacabelos Romero

16:00 - 19:00 Obradoiro conxunto José Carmelo Cacabelos Romero e Gumersindo Monteagudo Domínguez: “Programas de software libre máis característicos en educación, segundo o detalle

 16:00 -17:30 Gumersindo Monteagudo Domínguez
17:30 – 19:00 José Carmelo Cacabelos Romero

19:00 – 20: 00 Avaliación


Datas e horario de realización:
- Sábado 30 de abril: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

Lugar de celebración: IES Manuel García Barros, Avda. da Cultura, 36681 A Estrada (Pontevedra). Telf 986590104

Valoración das horas de formación: 8, das cales todas serán presenciais, repartidas relatorios, obradoiros e avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: D. José Carmelo Cacabelos Romero

Relación nominal das persoas relatoras:
• D. José Carmelo Cacabelos Romero, Especialidade: Tecnoloxía. Título dos relatorios e obradoiros en que participa: Vantaxes e inconvintes no uso do software libre; Manexo básico da distribución Ubuntu-Mate; Programas de software libre máis característicos en educación.
• D. Gumersindo Monteagudo Domínguez, Especialidade: Tecnoloxía. Título dos relatorios e obradoiros en que participa: Filosofía e características xerais do software libre; Aplicación do software libre no ensino; Manexo básico da distribución Ubuntu-Mate; Programas de software libre máis característicos en educación.
Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un cartaz e un díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante, denominación e modalidade da actividade, data, horario e lugar de realización, nº de prazas, valoración en horas de formación, persoas relatoras, destinatarios/as, custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES89 2080 5138 8730 4001 2186, consignando como concepto: “Matrícula Introdución ao software libre na educación”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal