Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2015/2016
Coeducar en Igualdade
Denominación da actividade: Segundas Xornadas: Coeducar en Igualdade.

Modalidade formativa: Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Xustificación da actividade: Entende a Asemblea de Mulleres do STEG, entidade organizadora das Xornadas, que o ámbito educativo ten unha importancia decisiva en materia de prevención dun fenómeno como o da violencia de xénero, que constitúe unha das lacras máis lacerantes da nosa sociedade.
Entende, así mesmo, que é necesario facilitarlle ao profesorado en activo e ás persoas que nun futuro máis ou menos inmediato van pasar a traballar nas aulas un espazo de encontro, de reflexión, de aprendizaxe e de debate sobre os criterios de intervención pedagóxica e social que poden ou deben ser adoptados para intervir desde o sistema educativo para a consecución dunha sociedade con igualdade real e respecto mutuo entre homes e mulleres.
O propio artigo 6.2. da Orde da Consellería de Cultura, Educación e O.U. do 14 de Maio de 2013 (DOG de 22 de maio de 2013), neste sentido, estabelece que as actividades de formación permanente do profesorado deberán, con carácter xeral, promover “a igualdade de mulleres e homes nos termos establecidos na Lei 7/2004, de 16 de xullo”.

Área
: Temas Transversais, Coeducación, Titoría, Mellora da Convivencia, Atención educativa á diversidade, Competencia lingüística.

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Obxectivos da actividade:
  1. Implicarse afectivamente coa igualdade de oportunidades entre os sexos.
  2. Fomentar que o principio de igualdade de oportunidades teña unha traducción real nas diferentes comunidades educativas.
  3. Procurar que a participación activa do profesorado nun proceso de actualización formativa dende a perspectiva de xénero como pará metro de calidade da atención educativa.
Programa de contidos:
- O currículo explícito e os seus mecanismos de transmisión de contidos sexistas.
- O uso da linguaxe na escola.
- A educación afectivo sexual dende a perspectiva de xénero.
Datas de realización:
- Sábado 7 de maio das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas

Lugar de celebración: Aula Multiusos de Educación “López Mella”, Parque de Frigsa, 27003 -  LUGO

Valoración das horas de formación: Un total de 8, das cales todas serán presenciais, repartidas entre relatorios e obradoiros.

Número de prazas: Mínimo de 15 e máximo de 60 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Prazo ata o xoves día 5 de maio, ás 14:00 horas.

Procedemento de matriculación:
  • Cubrir os datos na folla de inscrición que figura no enlace desta mesma páxina web
  • Proceder a ingresar a cantidade que corresponda na conta:
ES12 2080 5500 4130 4011 5484

indicando no concepto "MATRÍCULA XORNADAS COEDUCACIÓN STEG"
Criterios de inscrición: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Coordinadora/or do curso: Mª Pía Outeiriñó Calle.

Relación nominal das persoas relatoras:
  • Dona Branca Nazaré Guerreiro Muñoz. Centro de destino: CPI de Friol. Especialidade: Orientación Educativa; Título do relatorio: "Prevención da violencia de xénero dende a escola".
  • Dona Lola Ferreiro Díaz. Especialidade: Catedrática de procesos sanitarios. Título do obradoriro: "Onde comeza o maltrato?....E o bo trato?"
  • Dona María Luz González Rodríguez. Centro de destino: IES Obispo Argüelles. Villablino, León. Especialidade: mestra PT. Título do obradoiro: A linguaxe importa.

Custo da matrícula:
10 € por persoa

Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un cartaz e un díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante, denominación e modalidade da actividade, data, horario e lugar de realización, nº de prazas, valoración en horas de formación, persoas relatoras, destinatarios/as, custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Estrutura das Xornadas:
Farase conforme ao seguinte programa (provisorio)

09.30 -10.00: Recepción e entrega de materiais.
10.00 -12.00: Relatorio de Branca Nazaré Guerreiro Muñoz “Prevención da violencia de xénero dende a escola”.

[12. 00–12.30: Pausa para o café]

12.30 -14.30: Obradoiro de Lola Ferreiro Díaz: “Onde comeza o maltrato?.....E o bo trato?”

[14.30 – 16.00: Xantar]

16.00 – 18.00: Obradoiro de María Luz González Rodríguez “A linguaxe importa”
18.00 –19.30: Debate e conclusión dos obradoiros.

19.30–20.00: Avaliación e clausura das Xornadas.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal